Novas 2018

ESPECIAL

11 Xu˜ 2018

Velaquí a Guía Boga 2018!

Velaquí a Guía Boga 2018!

Xa está disponíbel a Boga desta nova tempada para non perder detalle da Eusko Label Liga

Un ano máis, a Guía Boga está preparada para nos acompañar durante esta tempada con toda a información que precisamos para non perdermos detalle ningún. Nas 106 páxinas que conforman esta revista, atoparemos datos sobre os 12 clubs participantes na Eusko Label Liga 2018, así como das 12 embarcacións femininas que loitarán para se clasificar na Liga Euskotren. Na guía tamén figuran todos os encontros chave desta tempada onde se porán en xogo a Coroa CaixaBank e máis o Trofeo Euskotren.

Cómpre salientar que cada equipo ten seu apartado na Guía Boga, onde se detalla que remeiros conforman o equipo esta tempada así como as altas e baixas que houbo con respecto á pasada tempada.

A Guía tamén conta con cinco artigos cuxos protagonistas aportan a súa particular visión sobre o mundo do deporte e do remo. O primeiro deles é de Borja Rodrigo, o Presidente da ACT, que fala sobre os tres principais factores que nos acompañarán nesta tempada; a adrenalina, a raza do remeiro e a paixón por este deporte. O segundo texto protagonízao Maialen Chourraut, que nos conta a súa historia no mundo do deporte. En terceiro lugar temos a Andrea Ouviña, a remeira que máis regatas remou da Liga Euskotren, un total de 53 probas. O xornalista Afonso Herrán é o autor do seguinte artigo, onde confesa que “hai enormes ingredientes para que se abra o telón dunha campaña apaixonante”. E por último, mais non menos importante, atoparemos as palabras de Juan Pedro Badiola, Director Territorial de CaixaBank no País Vasco e Cantabria.

En total saíron do prelo 30.000 exemplares desta Guia Boga 2018 e están disponíbeis en cadanseu club dos 12 socios. Cómpre sinalar que a revista tamén se repartirá en cada unha das 19 xornadas da Eusko Label Liga e Liga Euskotren para que ninguén fique sen un exemplar.

Ademais, clicando nesta ligazón poderás acceder á revista na súa versión online, para que poidas consultar a guía cando e onde queiras.

Voltar