ACT TV 2018

ESPECIAL

03 Ago 2018

Valoracións na quenda de honra

Valoracións na quenda de honra

As catro embarcacións que copan a clasificación déixannos as súas sensacións deste primeiro treito da tempada

Son os catro clubs que ocupan a zona alta da Eusko Label Liga. Vogan na quenda de honra e son eles quen pecharán o repaso que nos trouxeron os clubs da Eusko Label Liga e máis da Liga Euskotren nesta semana. 

Orio Babyauto é cuarta clasificada con 99 puntos. Jon Albizu cre que van indo "de menos a máis, collendo confianza aos poucos". O remeiro aguilucho amósase convencido de que "facendo todo ben e con un chisco de sorte, as bandeiras chegarán". Endika Morán de Zierbena Bahías de Bizkaia amósase satisfeito co arranque dos galipos, "sabíamos que o traballo de inverno fora bo e queriamos plasmalo no verán" e tamén mantén a esperanza de conseguiren algunha vitoria "sabemos que estamos a pelexar para iso e algún día ten que caer de noso lado. O patrón de GO fit HondarribiaIoseba Amunarriz, tamén está contento co traballo realizado até o de agora, pero recoñece que "Urdaibai Avia está un chisco por riba de nós, pero devagar os resultados irán chegando". E por último, Andoni García, remeiro da Bou Bizkaia amósase feliz, os de bermeo lideran a clasificación con 124 puntos: "a liga é longa, cada fin de semana temos 2 regatas e levamos 8 bandeiras", no camiño cara a Coroa CaixaBank, pensa que todo pasa por "seguirmos igual, sen mudarmos nada, seguirmos a sumar"

Voltar