Novas

ESPECIAL

07 Xul 2018

Urdaibai Avia voa na Coruña

Urdaibai Avia voa na Coruña Urdaibai Avia voa na Coruña

A Bou Bizkaia imponse na primeira xornada da II Bandeira Cidade da Coruña

Urdaibai Avia conseguiu o seu terceiro triunfo da tempada e achégase a unha nova bandeira logo dunha espectacular regata nas augas da Praia de Riazor.

A Ama Guadalupekoa foi a primeira en chegar á primeira ceavoga, con 3 segundos de vantaxe con respecto á Bou Bizkaia, pero de aí en diante os biscaíños foron os máis fortes. Con unha boa manobra puxéronse á par de  GO Fit Hondarribia e seguiron a gañar terreo até chegaren por diante na segunda ceavoga. Urdaibai Avia seguiu aumentando a vantaxe e os gipuscoanos viron en perigo a segunda praza no último longo tras perderen a posición con Zierbena Bahías de Bizkaia. Finalmente Zierbena Bahías de Bizkaia foi segunda,  a Ama Guadalupeko terceira e a quenda completouna Santurtzi Iberdrola, que caeu até a quinta posición na clasificación final.

A segunda quenda foi para a Donostiarra, que conseguiu marcar o cuarto mellor tempo da xornada e mañá vogará na quenda de honra. Orio Babyauto foi segunda na quenda, a 5 segundos da Donostiarra. Máis descolgadas chegaron Cabo e Ondarroa Cikautxo, que foron, respectivamente, terceira e cuarta na quenda.

Kaiku Producha foi a que se impuxo na primeira quenda, e conseguiu facerse un oco na segunda quenda de mañá. A primeira quenda completárona San Juan Sumelec e Tirán Pereira, apenas tres traiñeiras, xa que San Pedro foi descalificada logo de facer caso omiso ás advertencias dos xuíces. Hoxe sumará 0 puntos e ficou no derradeiro lugar cun tempo 30” máis lento que o de Tirán.

 

San Juan Iberdrola, sen rival

 

Nova vitoria para as “Batelerak” na Liga Euskotren.  As pasaitarras amosaron unha vez máis a súa superioridade do comezo ao fin, e chegaron á ceavoga con 10 segundos de vantaxe con respecto a Orio Babyauto. No segundo longo ampliaron aínda máis a vantaxe coas súas competidoras e foron primeiras en meta, reafirmando a súa calidade como favorita para ergueren mañá a bandeira. Orio Babyauto rematou a regata sendo segunda, Hondarribia Bertako Igogailuak foi terceira e cuarta, GU-Arraun.

Voltar