Novas 2018

ESPECIAL

20 Set 2018

Urdaibai Avia, descalificado por aliñación indebida

Urdaibai Avia, descalificado por aliñación indebida

O pasado domingo, con motivo da desputa da última xornada da Eusko Label Liga en augas de Portugalete coa XLIV Bandeira El Corte Inglés, Urdaibai Avia incorreu nunha aliñación indebida. Tal e como indica o artigo 34 1.c) da Normativa de Competición, especifícase que polo menos sete integrantes da aliñación titular teñen que ser remeiros propios. No caso da aliñación presentada por Urdaibai Avia, apenas foron seis os remeiros propios aliñados.

Deste xeito, o Xuíz Único de Competición da ACT, e en base ao recollido no artigo 34.3 da Normativa de Competición, Urdaibai Avia fica descalificada da XLIV Bandeira El Corte Inglés e polo tanto perde os puntos obtidos nesta xornada así como os premios obtidos polo seu quinto posto. O club bermeotarra dispón de dous días para recorrer a decisión, sempre e cando esta sexa a súa intención.  

Esta sanción, en calquera caso, non altera ningún posto da clasificación xeral, nin tampouco o gañador da Eusko Label Liga 2018.

Voltar