Novas 2018

ESPECIAL

09 Xu˜ 2018

Unha Liga Euskotren con maior rigor normativo

Unha Liga Euskotren con maior rigor normativo

A Asemblea aproba que as tres primeiras da máxima competición feminina teñan asegurada a súa praza e a última despute un playoff en setembro

A Asemblea da ACT reuniuse ao longo de toda a mañá no salón de actos do Frontón Bizkaia de Bilbao. O último encontro asembleario antes de arriar estachas o vindeiro 24 de xuño coa Eusko Label Liga en augas bilbaínas, tivo varios puntos salientábeis. O primeiro de todos eles, e como vén sendo habitual, foi o repaso dos diferentes puntos económicos e administrativos. Ademais, no código de disciplina, aprobáronse novas medidas polas que se reforza o apartado de infraccións. 

Un dos puntos importantes foi o da competición feminina. A Asemblea decidiu seguir dando novos pasos na Liga Euskotren. Aos xa anunciados hai unhas semanas atrás, polos que as traiñeiras femininas percibirán premios económicos ao longo de todas as xornadas da liga regular, ademais de se ter ampliado o calendario de oito a 14 xornadas, neste novo encontro aprobáronse mudanzas significativas que dotan a Liga Euskotren dun maior rigor normativo. Unhas mudanzas que pretenden homoxeneizar unha competición que está a coller máis e maior peso e impacto. Deste xeito, desta tempada en diante, as tres primeiras clasificadas na Liga Euskotren obterán praza automaticamente para a vindeira tempada, mentres que a última clasificada, igual que na competición masculina, terá que desputar un playoff en augas de Bermeo e Portugalete. 

Os pasos que dá a ACT son de vital importancia para o desenvolvemento dunha competición que vai a máis. Unha vez rematado o apartado de rogos e perguntas, deuse por concluída a Asemblea e os socios foron almorzar á capital biscaína brindando por unha nova tempada cargada de emoción.

Voltar