Novas

ESPECIAL

11 Xul 2018

Un escenario con estrela

Un escenario con estrela

A Bandeira CaixaBank, que se desputará o vindeiro domingo a partir das 11.45 horas,  foi presentada esta mañá no Concello de Castro Urdiales

Volta un dos escenarios clásicos do mundo do remo. Un dos marcos que está considerado por moitos como o mellor para desputar unha regata de máximo nivel. Referímonos á Enseada de Brazomar de Castro Urdiales, onde este domingo a Eusko Label Liga e a Liga Euskotren chegarán da man de CaixaBank para pór en xogo a VI Bandeira CaixaBank, no caso da competición masculina, e a III Bandeira CaixaBank para as mulleres. 

Un encontro, cómpre sinalar, que será o único en Cantabria. Malia non haber na actualidade ningunha embarcación cántabra na Eusko Label Liga, a ACT segue a apostar por este territorio con unha grande tradición polo remo, e grazas á inestimábel axuda de CaixaBank, e a colaboración do Concello de Castro Urdiales, Cantabria seguirá a ter a oportunidade de recibir a mellor competición de traiñeiras do momento. 

Así con todo, a regata que arrancará o domingo ás 11.45 horas coa sexta xornada da Liga Euskotren e continuará posteriormente co sétimo encontro da Eusko Label Liga, foi presentada esta mañá no Concello de Castro Urdiales. Na presentación estiveron presentes Ángel Díaz, Alcalde de Castro Urdiales; Humberto Bilbao, Concelleiro de Deportes; Álvaro Irueta, Director de Institucións de CaixaBank en Cantabria e País Vasco; Eduardo Lazkano, Presidente de Castreña; e Borja Rodrigo, Presidente da ACT.

Voltar