Novas

DISCIPLINA

17 Dec 2018

Un cento de controis contra a dopaxe

Un cento de controis contra a dopaxe

Ao longo da tempada realizáronse un total de 100 actuacións, distribuídas en 37 controis en competición e outros 63 fóra desta

Como vén acontecendo dende a súa creación, a ACT canda a AEPSAD veu desenvolvendo durante a tempada 2018 un plano antidopaxe no seo da súa competición, sometendo os clubs e os seus deportistas a diversos controis antidopaxe para detectar calquera posíbel uso ou consumo de substancias e métodos prohibidos no deporte. Así, ao longo da pasada Eusko Label Liga e Liga Euskotren realizáronse un total de 100 controis antidopaxe. Cómpre sinalar que estes foron distribuídos en 37 controis en competición e 63 controis fora de competición. Ademais, os controis de dopaxe programados pola ACT extendéronse aos participantes nas Ligas LGT e ARC que aspiraban a facer parte no playoff de ascenso á máxima categoría.

Nos controis antidopaxe levados a cabo, 78 foron controis estándar de ouriños e os restantes sanguíneos. Deste cento, 48 deles foron controis específicos á procura de axentes estimulantes da eritropoiese e da hormona do crecemento.

Coas actuais técnicas analíticas das que dispón a AEPSAD e o laboratorio de control da dopaxe, detectouse un informe analítico adverso. Neste control, que foi dun deportista dun club aspirante a participar no playoff, atopouse unha substancia que pertence ao grupo S1-2 (outros axentes anabolizantes) da listaxe vixente de substancias e métodos prohibidos. O informe foi posto en coñecemento do órgao disciplinario da ACT e en datas próximas informarase sobre o desenvolvemento do caso.

Ademais, tal e como se vén a facer nos últimos anos, na Asociación realizáronse xornadas formativas e de divulgación orientadas aos clubs deportivos socios e aos seus integrantes. Consciente da importancia que ten no mundo do deporte na actualidade, é desexo e vontade da ACT, cos medios que poida destinar en vindeiros exercicios, continuar a realizar un programa de control da dopaxe no seo das súas competicións.

Voltar