Novas 2019

COMPETICION

25 Mar 2019

Un calendario de récord

Un calendario de récord

A Eusko Label Liga contará con 20 encontros e a Liga Euskotren desputará 14 regatas este verán de 2019

Logo da Asemblea celebrada polos socios o pasado sábado en Bermeo, a ACT xa ten a ollada posta nunha nova tempada estival que levará os clubs da Eusko Label Liga e máis da Liga Euskotren a competiren nos mellores campos de regateo da cornixa cantábrica e atlántica.

Un calendario que será de récord no caso da competición masculina, xa que despois das 19 regatas desputadas na tempada pasada, este verán aumentará até os 20 encontros, convertíndose no calendario de competición máis completo das 17 edicións da Eusko Label Liga. No caso da Liga Euskotren, manteranse as 14 regatas que desputaron os catro clubs femininos no ano pasado.

A Eusko Label Liga abrirá o telón da tempada o 22 de xuño en Bilbao, con motivo da desputa da X Bandeira de Bilbao. Zierbena, coa XXXVI Bandeira Petronor, sumarase a esta fin de semana inaugural de competición. Xuño contará tamén coa desputa o día 29 da Bandeira de Astillero en Santander e o desembarco da máxima categoría en Lekeitio o domingo 30. Esta segunda fin de semana marcará ademais o inicio da competición feminina.                                                     

Xullo, con 8 regatas consecutivas, suporá un auténtico reto para técnicos e remeiros, xa que será neste momento cando se irá definindo o lugar de cada tripulación na clasificación. Este carrusel de regatas encetará o 6 e 7 de xullo coa primeira fin de semana galega do verán, onde se desputará a dobre xornada da III Bandeira Cidade da Coruña. A Baía da Concha acollerá no 13 de xullo a XII Bandeira Donostiarra Kaiarriba e Castro Urdiales será testemuña o domingo 14 da X Bandeira CaixaBank.

A Orioko XXIX. Estropadak do día 20 e a XVIII Bandeira Concello de Sestao do 21 conformarán a novena e décima xornada, o que marcará o paso polo ecuador da tempada. Tras mes e medio de competición ininterrumpida, a Santurtziko XL. Ikurriña o sábado 27 de xullo e a Getxoko Estropaden XLI. Ikurriña serán os dous últimos encontros antes do paro para a desputa do Campionato de España de Traiñeras.

A XXXV. Ondarroako Bandera e a Hondarribiko XXXII. Bandera conformarán a décimo terceira e décimo cuarta xornadas da tempada respectivamente, o 10 e 11 de agosto. A dobre xornada habitual da XLII Zarauzko Estropada aparecerá en escena o 17 e 18 de agosto e encargarase de pechar unha nova edición da Liga Euskotren, onde coñeceremos o nome da nova campioa da competición feminina.

A finais de agosto, toda a caravana da Eusko Label Liga voltará a Galiza con motivo da segunda fin de semana galega da tempada. A volta da Bandeira de Bueu o sábado 24 e a XXIX Bandeira Concello de Boiro o domingo 25 conformarán o último fin de semana de tempada regular. Logo da desputa das dúas xornadas da Bandeira da Concha, os clubs viaxarán para a Bermeo Hiriko XXXVIII. Bandera o 14 de setembro e para a XLIX GP – XLV Bandeira El Corte Inglés o día 15, para desputaren as dúas derradeiras xornadas da tempada onde coñeceremos o vencedor da Coroa CaixaBank e tamén os vencedores dos playoffs que darán acceso a remar a vindeira tempada na Eusko Label Liga e a Liga Euskotren.

Voltar