Novas

ESPECIAL

10 Set 2019

Tres clubs e unha praza para a Liga Euskotren

Tres clubs e unha praza para a Liga Euskotren

Hondarribia Bertako Igogailuak, Hibaika Jamones Ancín e Zumaia Salegi Jatetxea optan a remaren o vindeiro ano na elite do remo 

Esta fin de semana desputarase o playoff da Liga Euskotren en Bermeo e en Portugalete, de xeito que no domingo coñeceremos que embarcación poderá remar o vindeiro ano na elite do remo e acompañar ás 3 embarcacións clasificadas este ano. 

Tres aspirantes para unha única praza. A campioa da Liga ETE Hibaika Jamones Ancín, Hondarribia Bertako Igogailuak e Zumaia Salegi Jatetxea son as tres tripulacións que procurarán facerse con esa prezada praza e así poren a guinda ao pastel para pechar a tempada. Os adestradores Amaya Gezala, Iker Cortés e Kike Manterola cóntannos como chegan as súas embarcacións a este grande encontro.

Voltar