ACT TV 2019

ENTREVISTAS

23 Mai 2019

"Tentaremos estar na pelexa polas bandeiras"

"Tentaremos estar na pelexa polas bandeiras"

Mikel Orbañanos, adestrador de GO fit Hondarribia, repasa a pretempada e confía en que a continuidade dada ao seu plantel os axude a conseguiren bos resultados durante o verán

A falta dun mes para que comece a tempada da Eusko Label Liga, cada club está a dar as derradeiras pinceladas ás súas pretempadas de cara a competición. GO fit Hondarribia, baixo o liderado de Mikel Orbañanos por décimo sétimo ano consecutivo, tentará estar nos postos de cabeza como en tempadas anteriores, como asegura o adestrador oriotarra.

Os da ‘Ama Guadalupekoa’ afrontan esta campaña cun plantel moi similar ao da tempada pasada. Apenas tiveron unha baixa e reforzaron o plantel coas altas de Julen Castrillon, que regresa ao equipo guipuscoano logo de estar un ano fóra, e de Adrián González. Orbañanos afirma que están contentos co traballo que está a realizar o seu equipo.

En canto ao obxectivo, ao preparador de GO fit Hondarribia gustaríalle dar un bo nivel e estaren na quenda de honra para loitar polas bandeiras. Porén, o oriotarra é consciente de que non será tarefa doada xa que terán rivais moi competitivos ao seu carón. Orbañanos prevé que a competición estará "moi igualada e pelexada" tanto polos postos de cabeza como na loita polo descenso.

Voltar