Novas 2018

COMPETICION

04 Set 2018

Sete aspirantes á elite

Sete aspirantes á elite

Bermeo e Portugalete porán en xogo o 15 e 16 de setembro o playoff da Eusko Label Liga e, como novidade, o da Liga Euskotren

O vindeiro 15 e 16 de setembro están marcados en vermello no calendario do mundo das traiñeiras. Para alén de ser a fin de semana para coroar o campión coa Coroa CaixaBank e poñer así o punto final á Eusko Label Liga, en Bermeo e Portugalete porase en xogo o playoff de ascenso á Eusko Label Liga e, por primeira vez na historia da competición feminina, o da Liga Euskotren. 

O penúltimo clasificado da Eusko Label Liga, San Juan Sumelec, terá que defender a súa praza na máxima competición frente os dous primeiros clasificados da Liga ARC-1 e da Liga LGT-A. É dicir, por parte da liga galega chegará SD Samertolameu, campión con 149 puntos, e CR Ares, segundo clasificado con 146 puntos. Mentres que por parte da Liga ARC-1 serán Astillero, vencedor con 157 puntos, e Lekittarra, a nove puntos dos cántabros. 

Debut do playoff da Liga Euskotren

Unha das novidades este ano é o playoff da Liga Euskotren, e do que sairá a traiñeira que acompañará a vindeira campaña a San Juan Iberdrola, Orio Babayauto e GU Arraun. E dúas serán as traiñeiras que pugnen por ese cuarto billete. A última clasificada da máxima competición, Hondarribia Bertako Igogailuak, terá que defender o seu posto na Liga Euskotren frente Donostiarra, campioa da Liga ETE con 99 puntos. Da Liga LGT Feminina, CN Riveira, tripulación campioa, declinou acudir ao playoff de ascenso, polo que se lle cursou o convite a Cabo, segundo clasificado, quen tamén rexeitou acudir ao encontro. Deste xeito, dúas tripulacións serán as que procuren o desexado billete á Liga Euskotren 2019.  

Voltar