ACT TV

ENTREVISTAS

21 Xul 2019

Santurtzi Iberdrola reina na ría

Santurtzi Iberdrola reina na ría Santurtzi Iberdrola reina na ría

A ‘Sotera’ dos biscaínos leva a XVIII Bandeira Concello de Sestao mentres que a II Bandeira Concello de Sestao pon rumbo á vitrina de Orio Babyauto

Santurtzi Iberdrola conseguiu a vitoria hoxe en augas de Portugalete ao imporse na quenda de honra cun tempo de 19’18”38. Orio Babyauto fíxose coa terceira posición cun crono de 19’24”12. GO fit Hondarribia logra a quinta posición cunha marca de 19’31”90 e Donostiarra pechou a quenda, na sétima posición a 31”04 dos vencedores da quenda.

Zierbena Bahías de Bizkaia demostrou o seu poderío na segunda quenda ao acadar a segunda posición cun tempo de 19’23”72. Urdaibai Avia foi cuarto cunha marca de 19’31”26. Ondarroa Cikautxo foi sexto a 28”18 da ‘Sotera’ e Cabo pechou a segunda quenda conseguindo a oitava posición cunha marca de 19’52”94.

Kaiku levou a vitoria frente á súa afección na primeira quenda de hoxe, cunha marca de 19’58”12, logrando así a novena posición. Astillero Repsol Electricidad y Gas logrou clasificarse na décima posición cun tempo de 20’02”90. Décimo primeiro foi San Pedro, cun crono de 20’20”18 e Lekittarra Elecnor pechou a clasificación de hoxe en Portugalete a XXXX dos vencedores, tras teren problemas co remo de trinque na primeira manobra, onde recibiron unha sanción de 3”.

Orio Babyauto aumenta a súa vantaxe no liderado da Eusko Label Liga e con 110 puntos, xa son 12 os que ten de marxe sobre Zierbena Bahías de Bizkaia. No que corresponde á clasificación CaixaBank ao Mellor Patrón, Arkaitz Diaz, da Donostiarra, mantén o maillote branco, con 5 puntos sobre Borja Gómez, patrón dos ‘galipo’.

Dúas de dúas para Orio Babyauto

As mozas adestradas por Santi Zabaleta completan outra fin de semana de soño ao conseguiren tamén a II Bandeira Concello de Sestao hoxe nas augas da ría. As oriotarras completaron a regata cun crono de 10’40”66, 4”74 mellor que Donostia Arraun Lagunak. Na terceira posición clasificouse Hondarribia Bertako Igogailuak cunha marca de 10’51”66 e Donostiarra pechou a quenda a 18”70 da ‘Txiki’. Deste xeito, Orio Babyato continúa a liderar a Clasificación Xeral da Liga Euskotren con 31 puntos e Donostia Arraun Lagunak segue na segunda posición con 25. No caso da clasificación da Mellor Patroa, grazas aos tres puntos de hoxe, Nadeth Agirre aumenta até os 7 puntos a vantaxe que ten sobre Andrea Astudillo.

Comeza a segunda metade

A segunda metade da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren pasa polas dúas seguintes regatas en augas biscaínas. O sábado estaremos en Santurtzi para desputar a Santurtziko XL. Ikurriña e a VIII. Bandeira Euskotren. Xa no domingo, a competición trasladarase a Getxo para por en xogo a Getxoko Estropaden XLI. Ikurriña - J.A. Agirre Lehendakariaren XV. Omenaldia e a Getxoko XI. Ikurriña.

Voltar