Novas

ESPECIAL

17 Xan 2019

Ritmo electrónico para o mes de xaneiro!

Ritmo electrónico para o mes de xaneiro!

Andoni Pedrosa, remeiro de Kaiku Producha, é o encargado de inaugurar o ano cunha selección cargada de ritmo

 

Novo ano e canda el chega unha nova selección musical, neste caso da man de Andoni Pedrosa, remeiro de Kaiku Producha. O remeiro da ‘Bizkaitarra’ traenos unha listaxe cargada de ritmos electrónicos, acudindo a grandes éxitos dos anos 90 como ‘Fly On The Wings of Love’ de Chasis ou ‘Flying Free’ de Pont Aeri. Aínda que tampouco esquece temas máis actuais como ‘Dreamer’ de Axwell & Ingrosso ou ‘This Is What It Feels Like’ de Armin van Buuren.

Tamén acode a outro tipo de xéneros como o reggae da man de Bob Marley & The Wailers e o seu himno ‘Is This Love’ ou ao rap de Eminem con ‘Lose Yourself’. Como non podía ser doutro xeito, o ‘We Will Rock You’ ou o ‘Eye Of The Tiger’, cancións habituais nestas playlist, non podían faltar na selección de Andoni Pedrosa.

Dalle ao play e goza da selección musical de Andoni Pedrosa!

Voltar