Novas 2018

ASOCIACION

19 Abr 2018

Remada sostíbel para la Liga Euskotren

Remada sostíbel para la Liga Euskotren

A Conselleira de Desenvolvemento Económico e Infraestrutura do Goberno Vasco, Arantxa Tapia, e Borja Rodrigo, Presidente da ACT, rubrican o novo acordo da liga feminina

A Liga Euskotren fai nesta tempada a súa décima edición. Ficou xa lonxe aquel arranque o 11 de xullo de 2009 en augas do Grove onde a selección de Gipúscoa logrou imporse á de Galiza. De alí en diante foron moitas millas as que leva percorrido a máxima competición feminina de traiñeras da man dun fiel compañeiro de viaxe como Euskotren. E así como as traiñeiras femininas foron medrando de forma sostíbel grazas á Liga Euskotren, nesta décima edición darase novo pulo coa finalidade de seguir asentando as embarcacións femininas. 

Logo da sinatura do acordo entre a ACT e Euskotren, a Liga Euskotren traerá tres novidades importantes. A primeira delas en relación co calendario, xa que a competición feminina pasa de oito a catorce xornadas. Unha Liga Euskotren que arriará estachas con un playoff de dobre encontro en augas de Portugalete o 30 de xuño e en Zierbena, coa Bandeira Petronor en xogo, o 1 de xullo. A partir de aí, as catro mellores tripulacións navegarán por diferentes escenarios como A Coruña, San Sebastián, Getxo ou Castro Urdiales. O punto final, como vén sendo habitual, será o 18 e 19 de agosto en augas de Zarautz, onde se coroará ás novas gañadoras. 

Ademais do calendario, na normativa tamén se realizarán en datas próximas avances significativos co obxectivo de reforzar e consolidar o remo feminino. E o terceiro punto é que a partir deste ano, as traiñeiras femininas percibirán premios en metálico en cada xornada. Até hoxe, as traiñeiras percibían unha compensación económica no fin de tempada en base á posición lograda na clasificación xeral. Porén, desta temporada en diante, tal e como acontece na Eusko Label Liga, as tripulacións femininas recibirán premios en metálico nas xornadas da Liga Euskotren. 

No acto de rúbrica do acordo estiveron presentes, Arantxa Tapia, Conselleira de Desenvolvemento Económico e Infraestrutura do Goberno Vasco; Imanol Leza, Director de Euskotren; e Borja Rodrigo, Presidente da ACT. Ademais, como testemuña deste acordo, estivo presente a remera das ‘Batelerak’ de San Juan Iberdrola, Ane Hernández, campioas os últimos catro anos da Liga Euskotren. “Da ACT sempre apostamos na normalización e potenciación do deporte feminino. É bo exemplo o auxe que teñen experimentado as traiñeras femininas dende a creación da Liga Euskotren, habendo hoxe arredor dunha vintena de embarcacións entre a Cornixa Cantábrica e Atlántica, e con un nivel que cada verán nos fai gozar dunhas regatas cargadas de emocións”, explica Borja Rodrigo. Pola súa banda, Arantxa Tapia, sinala que “para nós sempre foi importante, dentro das políticas de igualdade, tamén ter conta do deporte. Deste punto de vista é un paso realmente importante e para as propias remerias considero que é un feito relevante ”.

Voltar