Novas 2019

ESPECIAL

19 Xul 2019

Paso polo ecuador da competició

Paso polo ecuador da competició

Orio e Portugalete acollerán esta fin de semana a XXIX. Orioko Estropadak – VII. Orio Kanpina Bandera e a XVIII Bandeira Concello de Sestao

Aínda non hai nin un mes do comezo da competición e estamos a piques de chegar ao ecuador da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren. O sábado a partir das 18:00 horas, a competición chegará á casa dos líderes coa desputa da XXIX. Orioko Estropadak – VII. Orio Kanpina Bandera da Eusko Label Liga e a VII. Orio Kanpina Bandera da Liga Euskotren. Por segundo ano consecutivo a regata desputarase en formato en liña a catro carreiros no novo campo de regatas do mar, onde o ano pasado conseguiron a vitoria o equipo ‘aguilucho’, na competición masculina, cun tempo de 19’46”56 e San Juan Iberdrola na categoría feminina, cun crono de 10’46”80.  A composición de quendas para esta regata guipuscoana farase en base á Clasificación Xeral da Eusko Label Liga. Deste xeito, San Pedro, Astillero Repsol Electricidad y Gas, Lekittarra Elecnor e Ondarroa Cikautxo formarán parte da primera quenda. Na segunda quenda remarán Kaiku, Cabo, Urdaibai Avia e Donostiarra. Por último, os encargados de vogaren na quenda de honra serán Santurtzi Iberdrola, GO fit Hondarribia, Zierbena Bahías de Bizkaia e Orio Babyauto.

Xa no domingo, a competición desprazarase a Portugalete para desputar ás 11:40 horas a II Bandeira Concello de Sestao da Liga Euskotren e a XVIII Bandeira Concello de Sestao da Eusko Label Liga. Logo de completar o sábado en Orio a primeira metade da tempada, as embarcacións femininas de Orio Babyauto, Donostia Arraun Lagunak, Donostiarra e Hondarribia Bertako Igogailuak enfrontarán o comezo desta segunda metade da competición en augas da ría de Portugalete. 

Unha vez rematada a regata da Liga Euskotren, será a vez da Eusko Label Liga, onde as quendas estarán formadas en base ao resultado da xornada anterior en Orio. Urdaibai Avia fíxose coa vitoria o pasado ano, cun rexistro de 19’31”08, e o mellor tempo colleitado nesta Bandeira Concello de Sestao segue a ser o 19’04”13 marcado por Astillero Repsol Electricidad y Gas na tempada 2010.

Con todo isto, ambas competicións chegan a ferver a esta fin de semana de competición. Na Eusko Label Liga, a ‘San Nikolas’ de Orio Babyauto segue a mandar na Clasificación Xeral con 89 puntos, seguida por Zierbena Bahías de Bizkaia, con 79. Arkaitz Diaz, patrón de Donostiarra, lidera con puño de ferro a clasificación do Premio CaixaBank ao Mellor Patrón, con 8 puntos de vantaxe sobre Iñaki Goikoetxea (Lekittarra Elecnor), Jenaro Zelaia (Ondarroa Cikautxo) e Borja Gómez (Zierbena Bahías de Bizkaia). 

Na Liga Euskotren, a ‘Txiki’ de Orio Babyauto continúa a ocupar o primeiro lugar da táboa con 23 puntos, 4 por riba de Donostia Arraun Lagunak. As oriotarras tamén mandan na clasificación da Mellor Patroa, xa que Nadeth Agirre lidera a clasificación con 16 puntos, e con 10 atópase Andrea Astudillo (Donostia Arraun Lagunak) na segunda posición

Voltar