ACT TV 2019

ENTREVISTAS

17 Abr 2019

"Para mellorar cómpre estarmos na segunda quenda"

"Para mellorar cómpre estarmos na segunda quenda"

Iñaki Errasti, adestrador de Ondarroa Cikautxo, confía en que a continuidade dada ao seu plantel os axude a melloraren as prestacións durante o verán

Unha semana máis chega o momento de escoitar as voces autorizadas para falaren do que pode pasar nesta nova tempada da Eusko Label Liga. Desta volta contamos coa presenza de Iñaki Errasti, adestrador de Ondarroa Cikautxo, para que nos conte como transcorre a preparación dos seus de cara unha nova tempada da máxima categoría do remo.

Con dous oitavos postos no seu haber, os biscaínos afrontan esta terceira tempada na Eusko Label Liga cun plantel que non sufriu grandes mudanzas con respecto á tempada pasada. Apenas dúas baixas e a incorporación de seis novos remeiros ao plantel fan que Errasti poida darlle continuidade ao traballo feito na temporada pasada no seu segundo ano á frente do equipo.

O preparador guipuscoano cóntanos que os seus remeiros “adestran para mellorar”, polo que o obxectivo de Ondarroa Cikautxo nesta tempada pasa por superaren o resultado da tempada pasada (oitava posición). Un obxectivo que Errasti considera que “será difícil” dado o nivel dos demais equipos da Eusko Label Liga. Un dos indicadores que marcará se os ondarrutarras conseguen ou non as súas metas este verán será ver se o equipo consegue manterse na segunda quenda, a cal demostrou ser unha das máis competitivas durante estes últimos anos.

Voltar