ACT TV 2019

19 Xu˜ 2019

Os primeiros latexos chegan a Bilbao

Os primeiros latexos chegan a Bilbao

A ría bilbaína será a encargada de prenderlle a luz verde á máxima competición de traiñeiras o vindeiro sábado a partir das 18.00 horas

Esta mañá tivo lugar na Sala de Prensa do Concello de Bilbao o acto de presentación da X Bandeira de Bilbao, encontro que abrirá unha nova tempada da máxima competición de  traiñeiras. Como vén sendo habitual nestes últimos anos, a capital biscaína será a encargada de dar a saída á Eusko Label Liga, onde as 12 mellores embarcacións loitarán pola ansiada Coroa CaixaBank.

O sábado todas as olladas se centrarán no semáforo situado ao pé da ponte do concello, cando ás 18.00 horas se acenda a luz verde para lle dar a saída ao primeiro participante. A orde de saída virá estabelecida pola clasificación xeral do ano pasado, polo que a primeira quenda estará composta por Astillero, Lekittarra Elecnor, Kaiku e San Pedro. Na segunda quenda vogarán Ondarroa Cikautxo, Donostiarra, Cabo e Santurtzi Iberdrola. Mentres que na quenda de honra estarán, Orio Babyauto, Zierbena Bahías Bizkaia, GO fit Hondarribia e o vixente campión, Urdaibai Avia.

                                                              
No acto de presentación desta mañá estiveron presentes Itxaso Erroteta, Concelleira de Mocidade e Deportes, e Borja Rodrigo, Presidente da ACT. Rodrigo sinalou que para a Asociación “é un pracer voltar dar comezo á competición nunha localización como Bilbao”.  Pola súa banda, Itxaso Erroteta afirmou que se trata dunha oportunidade para gozar do deporte ao máis alto nivel sen saír de Bilbao e “unha ocasión para voltar ver a nosa ría chea de vida”. Neste sentido, Erroteta lembrou que “un dos nosos obxectivos é dinamizar a ría e as súas marxes, con actividades e eventos de calidade que poñen en valor un dos eixos principais da cidade, un dos seus sinais de identidade e un dos seus emblemas máis característicos”. 

Voltar