Novas 2016

ESPECIAL

28 Xu˜ 2016

O Tour Coroa CaixaBank xa está en marcha!

O Tour Coroa CaixaBank xa está en marcha!

Consegue billetes para ver a entrega da Coroa CaixaBank dende o barco da Liga San Miguel e material de Kon Sports

Só tes que buscar o teu punto máis próximo do Tour Coroa CaixaBank que se realizará ao longo de todo o verán e tirar unha foto coa Coroa CaixaBank. Despois faite seguidor de @actraineras en Twitter e súbea co hashtag #TourCoronaCaixaBank

O #TourCoronaCaixaBank percorrerá durante todo o verán un total de 10 municipios. Este percorrido nace coa vontade de achegar a Coroa CaixaBank a todos os afeccionados e poder retratarse co trofeo que todos buscan. Para isto, todos aqueles que participen no tour tirándose fotografías co trofeo, se fagan seguidores de @actraineras e a suban co hashtag #TourCoronaCaixaBank, formarán parte dun sorteo no Twitter que repartirá material da marca Kon Sports (colaborador oficial da Liga San Miguel) e unha entrada dobre para presenzar en directo o 18 de setembro desde o barco da Liga San Miguel a entrega da Coroa CaixaBank.

Tour Coroa CaixaBank

27 xuño ao 3 de xullo Orio

4 de xullo ao 10 xullo Donostia

11 de xullo ao 17 de xullo Getxo

18 de xullo ao 24 de xullo Boiro

25 de xullo ao 31 de xullo Pasaia

1 de agosto ao 14 de agosto Zarautz

15 de agosto ao 21 de agosto Hondarribia

22 de agosto ao 29 Portugalete

29 de agosto ao 9 de setembro Bilbao

9 ao 17 de setembro Bermeo

Voltar