ACT TV

ESPECIAL

11 Set 2019

O penúltimo paso é Bermeo

O penúltimo paso é Bermeo

A Bermeo Hiriko XXXVII. Bandera - Avia Sari Nagusia será testemuña da primeira xornada do playoff da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren
 

A Eusko Label Liga enfrenta a súa derradeira semana e aínda fican moitas cousas por decidir. A xornada de remo comezará sábado ás 18.00 horas en Bermeo coa desputa da primeira xornada do playoff de ascenso á Liga Euskotren, onde Hondarribia Bertako Igogailuak, Hibaika Jamones Ancín e Zumaia Salegi Jatetxea competirán en formato contra o reloxo na procura de conseguiren o único billete. Tras isto, San Pedro, Zarautz Babyauto, CR Ares, Deusto Bilbao e SD Tirán desputarán tamén en formato contra o reloxo a primeira batalla polas dúas prazas que darán dereito a remar na Eusko Label Liga na vindeira tempada.

Despois da primeira xornada de playoff, os oito primeiros clasificados da Eusko Label Liga porán en xogo a Bermeo Hiriko XXXVII. Bandera - Avia Sari Nagusia, con Cabo, Ondarroa Cikautxo, Donostiarra e Urdaibai Avia na primeira quenda, e con Zierbena Bahías de Bizkaia, Santurtzi Iberdrola, GO fit Hondarribia e Orio Babyauto na quenda de honra.

Na presentación que tivo lugar esta mañá estiveron presentes Aritz Abaroa, alcalde de Bermeo e Agustín Aramburu, presidente de Urdaibai Avia.

Voltar