ACT TV 2014

CLUBS

19 Mar 2014

"O nivel desta competición obrígache a non regalar nin un segundo"

"O nivel desta competición obrígache a non regalar nin un segundo"

Juan Zunzunegi, no seu debut ao frente de Zierbena Bahías de Bizkaia, marca como obxectivo principal a permanencia na Liga San Miguel

Zierbena Bahías de Bizkaia regresa este ano á Liga San Migueldespois de ter debutado hai dous anos nela e non poder manter a categoría. Malia isto, volven con máis forza que nunca e confiados en poder completar un grande ano logrando manter a categoría. "O equipo está a responder moi ben e estamos moi a gusto. Por agora comézanse a ver velocidades importantes, e aínda que é cedo, a cousa pode ir ben", explica Juan Zunzunegi, técnico dos 'galipo'.

Un Zunzunegi que ten unha dilatada experiencia no mundo do remo, pero que este ano debuta á frente dun plantel da Liga San Miguel. "Quero que o meu equipo rinda ao 100% da súa capacidade e que a xente estea contenta co traballo realizado, sen ficar a medias. E se nos gañan, que nos gañen por seren mellores e non por nós termos fallado", explica o galego. Á hora de valorar o nivel da competición, "haberá un grupo no que por andar cinco segundos máis ou menos podes pasar de estar cómodo a andar afogado. O nivel ao que está esta competición obrígache a non regalar nin un segundo. Fallar na concentración, en manobras, non estar ao nivel… Iso é o que che pode hipotecar a Liga", conclúe Zunzunegi

Voltar