Novas 2018

ESPECIAL

04 Xu˜ 2018

O Frontón Bizkaia, testemuña do inicio da Eusko Label Liga

O Frontón Bizkaia, testemuña do inicio da Eusko Label Liga

A Gala que dará comezo a esta nova tempada terá lugar este sábado e poderá seguirse en streaming vía Facebook

Este sábado, 9 de xuño, ás 20:00 horas comezará a Gala de presentación da Eusko Label Liga 2018 no Frontón Bizkaia de Bilbao, onde a prezada Coroa CaixaBank se porá en xogo de novo. Unha Gala, que logo do éxito que tivo a retrasmisión ao vivo por Facebook na pasada edición, este ano voltará emitirse de forma íntegra a través da páxina oficial de Facebook da Eusko Label Liga.

Oito serán os galardóns que se entregarán durante esta velada na capital bizcaína: Remo á Traiñeira Máis Rápida, Remo ao Mérito Deportivo, Remo á Mellor Canteira, Remo ao Mellor Adestrador, Remo á Mellor Organización de Regata, Remo á Mellor Afección, Remo ao Mellor Patrón e Remo Honorífico. Ademais destes recoñecementos, tamén se celebrará o protocolario acto de entrega das réplicas dos trofeos orixinais a Urdaibai Avia e a San Juan Iberdrola na súa condición de vixentes campións da Coroa CaixaBank e o Trofeo Euskotren.

En definitiva, unha Gala cuxo obxectivo é presentar unha nova tempada onde a adrenalina estará moi presente durante os meses de verán. Unha vez rematada a Gala, os asistentes desfrutarán dun aperitivo onde poderán degustar os mellores produtos de Eusko Label e cervexas San Miguel.

Voltar