ACT TV

ESPECIAL

02 Set 2019

O adestramento dos campións

O adestramento dos campións O adestramento dos campións

Zarautz Babyauto e CR Ares amósannos como son os adestramentos dos campións da ARC e LGT

Coas tempadas regulares da ARC e LGT por fin rematadas, xa coñecemos os nomes dos equipos campións destas dúas competicións. Nesta nova entrega da Eusko Label Liga por Dentro, os equipos campións destas dúas ligas ábrennos as portas dos seus clubs para coñecermos como son os adestramentos destas dúas traiñeiras que dominaron durante o verán e reinaron nas súas correspondentes competicións. Falamos de Zarautz Babyauto, campión da ARC1 con 8 vitorias e 184 puntos; e CR Ares, líder indiscutíbel da LGT A, con 10 vitorias e 116 puntos de seu.

Estas dúas traiñeiras lideraron con puño de ferro as súas respectivas competicións e chegan coa marca de favoritos ao playoff da Eusko Label Liga que terá lugar o vindeiro 14 e 15 de setembro en Bermeo e Portugalete. Mais, serán quen estes dous equipos de conseguiren un billete para remar o ano que vén na máxima categoría do remo?

Voltar