Novas 2018

ESPECIAL

26 Xu˜ 2018

Novo encontro en augas biscaínas

Novo encontro en augas biscaínas

Esta mañá presentouse a XVII Bandera Ayuntamiento de Sestao que terá lugar este sábado

Eusko Label Liga 2018 segue a remar, desta vez en Portugalete, e é que esta mesma mañá presentouse en Sestao a proba que terá lugar sábado ás 18:00 horas. Este ano a regata vén con unha grande mudanza, xa que ademais de se pór en xogo a XVII Bandera de Sestao, tamén as traiñeiras femininas loitarán por se facer un lugar na Liga Euskotren coa Bandera de Sestao, pertencente á primeira parada desta nova e ampliada liga.

As quendas e a orde de saída da XVII Bandera Ayuntamiento de Sestao definíronse no pasado domingo na IX Bandeira de Bilbao, polo que nesta nova proba na primeira quenda estarán Kaiku Producha, Tirán Pereira, San Juan Sumelec e San Pedro. Na segunda loitarán Ondarroa Cikautxo, Cabo, Orio Babyauto e Donostiarra. E xa na quenda de honra remarán os campións da pasada campaña e da primeira regata da tempada Urdaibai Avia, tamén GO fit Hondarribia, Santurtzi Iberdrola e Zierbena Bahías de Bizkaia

Logo de se desputar a proba masculina as traiñeiras femininas entrarán na auga para desputar o seu habitual playoff e así definírense os catro clubs que van loitar este verán por toda a cornixa Cantábrica e Atlántica. A orde de saída deste playoff decidirase mediante un sorteo que se realizará na reunión de delegados.

Así, na presentación desta segunda xornada da loita pola Coroa CaixaBank que tivo lugar esta mañá no consistorio da localidade biscaína, estiveron presentes Josu Bergara, alcalde de Sestao; Jon Basabe, presidente de Kaiku Producha; e Borja Rodrigo, presidente da ACT.

Dossier da regata. 

Voltar