Novas 2018

ENTREVISTAS

14 Xu˜ 2018

"Non baixar da quenda de honra"

"Non baixar da quenda de honra"

Entrevistamos a Mikel Orbañanos, técnico de GO fit Hondarribia, que nos falou sobre os seus obxectivos e os seus rivais principais

A falta de exactamente 10 días para encetar a Eusko Label Liga 2018 traemos unha nova entrevista para alixeirar esta intensa conta atrás. O técnico de GO fit Hondarribia, Mikel Orbañanos, comezou falando sobre a pasada campaña, onde asegura que “fomos moi regulares durante todo o verán e este ano tamén será importante sermos regulares se queremos optar a gañar a liga”. Coon respecto ao plantel deste ano contounos que “temos algunhas mudanzas na traiñeira e xa veremos como enfrontamos esta tempada”.

Todo apunta a que este ano a tempada tamén será moi axustada, e gañar a liga non vai ser doado “vendo as regatas da pretempada e as variacións que tivo cada equipo, eu penso que a liga vai semellarse ao ano pasado”. O adestrador sabe da grande rivalidade que vai haber un ano máis Urdaibai Avia vai manter o bloque, polo que vai manter o nivel do ano pasado. Sen dúbida vai ser unha traiñeira que optará a gañar a liga. Orio Babyauto reforzouse e este ano tamén pode ser unha candidata ao triunfo da liga. Zierbena Bahías de Bizkaia pode optar a estar nesa quenda de honra e ser unha das candidatas aos triunfos”. Con respecto ao seu propio equipo desvélanos que “eu penso que podemos manter o nivel. Haberá que ver como se acopla a xente nova e como enfrontamos as regatas, pero eu creo que manteremos o nivel”.

Mikel Orbañanos ten claros os seus obxectivos, pero de todos eles hai un que salienta “facer un bo inicio de liga, tentar mantérmonos na pelexa e sen dúbida non baixar da quenda de honor”. Finalmente, sobre os seus mozos asegura que “é un quipo que ten ilusión, moita vontade e nos momentos fracos sabe pelexar a seguinte regata como se non tivese acontecido nada na anterior”.

Voltar