ACT TV 2019

ESPECIAL

22 Ago 2019

Moito por decidir en Boiro

Moito por decidir en Boiro

Este domingo a Eusko Label Liga voltará a Boiro para desputar a partir das 12:00 horas a XXIX Bandeira Concello de Boiro

A Eusko Label Liga entra esta fin de semana na súa fase decisiva coa desputa das dúas últimas xornadas da competición regular. O domingo en Boiro, coincidindo coa décimo oitava xornada da Eusko Label Liga, decidiranse moitos dos aspectos que aínda están no ar nesta inolvidábel tempada de remo. Decidirase que equipo descenderá directamente da máxima categoría do remo e quen defenderá o seu posto na competición frente os equipos que gañaron un convite ao playoff da Eusko Label Liga. Tamén chegará o momento de despedir, apenas por este ano, os clubs que fiquen na novena e décima posición, xa que nas dúas últimas xornadas de Bermeo e Portugalete apenas competirán os oito mellores da competición.

As quendas para esta XXIX Bandeira Concello de Boiro estabeleceranse en base á Clasificación Xeral da Eusko Label Liga despois de se desputar a xornada do sábado en Bueu.

Esta mañá tivo lugar no Concello de Boiro a presentación desta XXIX Bandeira Concello de Boiro no que estiveron presentes José Ramón Romero, alcalde de Boiro; José Marcos Fajardo, concelleiro de deportes do Concello de Boiro e Daniel Vázquez, presidente do Club de Remo de Cabo da Cruz.

Voltar