Novas 2019

ESPECIAL

08 Xul 2019

Moitas grazas A Coruña!

Moitas grazas A Coruña!

Por terceiro ano consecutivo o espectáculo da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren desembarca na Coruña para o goce dos seus cidadáns e dos numerosos afeccionados chegados de toda a cornixa cantábrica

Unha vez máis, a Bandeira Cidade da Coruña resultou ser un espectáculo marabilloso na Praia de Riazor, coas 16 traiñeiras da elite do remo a loitaren por se facer con esta prezada bandeira, como un auténtico mar de cores nas ruas da cidade con afeccionados do remo chegados de todos os puntos da xeografía cantábrica co obxectivo de apoiaren ao seu club e de gozaren ao máximo dos encantos que ofrece esta marabillosa cidade.                           

A dobre xornada coruñesa iuse nunha data fixa no calendario estival da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren, e moitos afeccionados aproveitan os seus días de vacacións para visitaren a Cidade herculina e apoiaren o seu club.

Xa dende o venres, moita xente achegouse ver a chegada das traiñeiras á Praia de Riazor e presenzar os primeiros adestramentos das embarcacións participantes nas dúas competicións. O sábado e o domingo, coa chegada da competencia, as inmediacións da praia inundáronse de curiosos e afeccionados ao remo para gozaren do grande espectáculo que ofreceron os clubs no mar.

Grazas A Coruña! até o vindeiro ano!

Voltar