ACT TV 2018

ESPECIAL

24 Ago 2018

Moaña abrirá a fin de semana en Galiza

Moaña abrirá a fin de semana en Galiza

A 16ª xornada da Eusko Label Liga foi presentada esta mañá no Concello de Moaña

Eusko Label Liga viaxa esta fin de semana a Galiza para celebrar dúas regatas. A primeira delas, a XXXVI Bandeira Concello de Moaña - VIII GP Fandicosta, terá lugar mañá, sábado, ás 18:00 en augas de Moaña.

As 12 embarcacións da máxima competición do remo vogarán divididas en tres quendas para realizar unha distancia de 3 millas náuticas repartidas en 4 longos con 3 ceavogas. A orde de saída virá determinada pola clasificación da Eusko Label Liga, polo que na primeira quenda vogarán Tirán Pereira, San Juan SumelecKaiku Producha e San Pedro. A segunda quenda será para Ondarroa CikautxoDonostiarra, Cabo e Santurtzi Iberdrola. E na quenda de honra remarán Orio BabyautoZierbena Bahías de BizkaiaGO fit Hondarribia e Urdaibai Avia.

A bandeira do ano pasado foi para a Ama Guadalupekoa e o récord do campo de regatas é para Mecos que no ano 2001 parou o crono en 18’54”76.

Na presentación que se celebrou esta mañá no Concello de Moaña estiveron presentes: Leticia Santos, Alcaldesa da localidade; Juan José Tenorio, presidente de Tirán Pereira, Daniel Benavides, da Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galiza; Marta Freide, Tenenta de Alcaldesa de Moaña e Kevin González, remeiro de Tirán Pereira.

Voltar