Novas

ENTREVISTAS

30 Xul 2019

Loita na zona vermella

Loita na zona vermella

Urko Kortajarena, Miguel Ángel Ruiz e Osertz Alday fan avaliación da primeira metade da tempada

Chegamos ao ecuador da competición e aproveitando este pequeno paro por mor da desputa do Campionato de España de Traiñeiras, vamos facer unha avaliación repousada do que foi esta primeira metade da competición para os equipos da Eusko Label Liga.

Comezamos polos clubs que máis tensión están a vivir e os que máis teñen que demostrar nesta segunda metade de competición que nos vén enriba en breve. Falamos dos clubs que loitan na primeira quenda para lograren escapar da zona quente do descenso.

San Pedro, décimo segundo clasificado da Eusko Label Liga con 23 puntos, debe mudar algo para mellorar nesta segunda metade da tempada e conseguiren eludir os postos de descenso. Urko Kortajarena, remeiro da 'Libia', cóntanos que tiveron unha primeira metade “bastante dura” na que “parece que nos botasen um mal de ollo”, ao falar da pouca sorte que tiveron no sorteo de carreiros das regatas desputadas até o momento.

Urko salienta a XXIX. Orioko Estropadak – VII. Orio Kanpina Bandera na que segundo o remeiro de Pasaia, foi onde mellores sensacións tivo o equipo, conseguindo unha décima posición. Aínda así, Kortajarena asegura que o equipo está “a remar ben”, pero tendo en conta a igualdade reinante en cada parte da táboa, a sorte tamén influe no resultado, “a pouco que teñas factores complicados, non hai outra que seguir a remar”.

Algo diferente é a situación que vive Astillero Repsol Electricidad y Gas, décimo primeiro con 27 puntos. Logo dun inicio de tempada no que “comezamos mal”, tal e como afirma Miguel Ángel Ruiz, adestrador do club cántabro, pouco a pouco “demos collido a remada” e “estámonos a sentir mellor”. O preparador pon como obxectivo de cara esta segunda metade da tempada o afastárense da última praza e “tentar limar eses puntos a Lekittarra Elecnor” para evitaren ir ao playoff. No caso de teren que xogarse a continuidade nas dúas regatas de promoción, teno claro, “se hai que ir ao playoff, tentaremos facelo o mellor posíbel e non descender”.

Outro recén ascendido como Lekittarra Elecnor, décimo na Clasificación Xeral con 30 puntos, ve como pouco a pouco a distancia que marcara frente aos dous últimos vai diminuíndo. Osertz Alday, adestrador do club lekittarra, confesa que están “onde esperabamos estar” no inicio da tempada, loitando na primeira quenda. Unha quenda na que o preparador hondarribiarra ve que os tres equipos implicados na loita polo descenso están “a navegaren moi igualados, un día gaña un, outro día gaña outro”.

Alday conta que “as regatas de mar é onde tiramos unha pequena vantaxe”, e é así, xa que Lekittarra Elecnor colleitou sendos novenos postos e un oitavo nas tres xornadas consecutivas que se desputaron no mar, a segunda xornada da III Bandeira Cidade da Coruña, a XII Bandeira Donostiarra Kaiarriba – Amenabar e a VII Bandeira CaixaBank. Aínda que polo momento están fóra dos postos de perigo, o preparador guipuscoano sabe que “cómpre mellorar” se queren manter a categoría e non hai nada decidido aínda, “non faltan moitas regatas, pero quedan moitos puntos en xogo”.

Voltar