Novas 2019

COMPETICION

27 Xu˜ 2019

Lekeitio dalle a benvida á Eusko Label Liga

Lekeitio dalle a benvida á Eusko Label Liga

A localidade biscaína acollerá domingo a cuarta xornada da competición masculina na máxima categoría do remo 14 anos despois

A “Lekittarra” comezou con bo pé a Eusko Label Liga, e agora, á traiñeira biscaína tócalle afrontar o reto de dar unha boa imaxe na regata do domingo na loita pola permanencia.

A XXXIV El Correo Ikurriña - BBK Sari Nagusia e a III Bandeira El Correo – Kutxabank da Liga Euskotren terán lugar domingo a partir das 11.30 horas. As primeiras embarcacións a vogaren serán as da competición feminina e competirán nun formato de dous longos e unha ceavoga. Posteriormente será a vez das traiñeiras da Eusko Label Liga, que se repartirán en 3 quendas e a regata contará con 4 longos e 3 ceavogas. Ao ser unha xornada que se desputa en domingo, as quendas estarán compostas en base á situación da clasificación xeral posterior á I Bandeira Repsol Electricidad y Gas.

A presentación desta bandeira tivo lugar hoxe ao mediodía no Edificio BBK de Bilbao, e na mesma estiveron presentes Xabier Solaeche, director de Bizkaia Sarea; Koldo Goitia, alcalde de Lekeitio; Santi Zumaran, presidente de Lekittarra Elecnor e Antonio Barrena, representante de El Correo.

Consulta o dossier da XXXIV El Correo Ikurriña - BBK Sari Nagusia

Voltar