Novas 2018

ESPECIAL

11 Ago 2018

Irrupción galipa en Ondarroa

Irrupción galipa en Ondarroa Irrupción galipa en Ondarroa

Zierbena Bahías de Bizkaia e GU Arraun impóñense nunha xornada de sorpresas

Zierbena Bahías de Bizkaia  levou a súa primeira bandeira da tempada en augas de Ondarroa, a segunda que consegue na Eusko Label Liga. Os galipos tiveron a súa oportunidade no último longo e aproveitaron para irromperen na pelexa pola Liga.

Urdaibai Avia saíu fortísima metendo tres segundos aos seus competidores logo das primeiras padas. Remando de branca os de Bermeo foron os máis rápidos, pero despois do segundo longo GO fit Hondarribia fíxose coa proa de regata cunha boa manobra e mantívose á cabeza até o derradeiro longo. Semellaba que a Ama Guadalupekoa ía facerse coa bandeira, pero non puido rematar o seu grande traballo. Zierbena Bahías de Bizkaia Orio Babyauto foron máis rápidas polos carreiros 4 e 3 respectivamente e xogáronse a bandeira até practicamente a derradeira pada.  Os galipos deron a súa particular revancha cos aguiluchos coa regata de Orio na memoria.  A San Nikolas foi segunda, terceira a Ama Guadalupekoa  que chegou a oito segundos e cuarta a Bou Bizkaia. As catro embarcacións repetirán na quenda de honra de mañá.

Na segunda quenda Santurtzi Iberdrola amosouse clara dominadora da quenda dende o inicio e inclusive momentaneamente foi máis rápida do que Urdaibai Avia, pero finalmente marcou o quinto tempo do día. Cabo chegou segunda a 12 segundos da Sotera, terceira foi Ondarroa Cikautxo a 15 e pechou a quenda a Donostiarra.

A bantxa remará mañá na primeira quenda porque San Pedro marcou un tempo 3 décimas máis rápido na meta. A Libia impúxose nunha bonita primeira quenda na que dominou a partir da segunda ceavoga. Kaiku Producha foi segunda na quenda a 10”, un segundo máis tarde chegou Tirán Pereira e a 14 segundos San Juan.

Urdaibai Avia continúa a liderar a clasificación da Eusko Label Liga con 133 puntos. Un punto acurtoulle hoxe GO fit Hondarribia que se coloca a 8 e Zierbena Bahías de Bizkaia, tras a vitoria de hoxe, sitúase a apenas 3 puntos da Ama Guadalupekoa.

 

GU Arraun evita o pleno das batelerak

As donostiarras levaron a súa primeira bandeira da historia na Liga Euskotren nunha apaixonante regata na que chegaron case á par con Orio Babyauto e San Juan Iberdrola.  Regata apertadísima cun espectacular último longo protagonizado por donostiarras, oriotarras e sanjuandarras. Finalmente foron as donostiarras quen levaron a Bandeira e evitaron o pleno de vitorias de San Juan Iberdrola. A 36 centésimas chegou Orio Babyauto e a dous segundos as sanjuandarras. As ‘batelerak’ contaban con opcións de gañaren a liga hoxe, pero viron como GU Arraun se lles adiantaba na loita pola bandeira e a ‘Txiki’ lles arrebataba a segunda posición. Ás arroxas abóndalles mañá con perder apenas un punto coas amarelas para erguérense coa Liga Euskotren.

A competición voltará mañá ás 11:45 en Hondarribia coa Hondarribiko XXXI. Bandera – Mapfre Sari Nagusia na Eusko Label Liga e coa Bandeira Mapfre na Liga Euskotren

Voltar