Novas 2019

ESPECIAL

20 Ago 2019

Incerteza na meta

Incerteza na meta

Cando a chegada á meta se produce cunha axustada loita entre as traiñeiras, adoitan xurdir moitas dúbidas para saber con certeza quen foi o gañador.
 

Todas as regatas adoitan ser espectaculares e emocionantes para os deportistas e para os amantes de remo. E aínda máis cando o mar está bravo; nesas condicións, os segundos que lle saca unha traiñeira a outra son case inexistentes. Pero hai outra situación que acelera e intensifica os latexos e os nervios tanto entre os remeiros coma no público: non saber quen foi o gañador da regata. Hoxe en día, grazas aos avances tecnolóxicos que se desenvolveron no mundo de remo, os xuíces poden identificar que embarcación foi a primeira en cruzar a liña de meta. Porén, tanto para os remeiros como para a afección os segundos pódense alongan como minutos até saber a decisión dos xuíces.

A regata do pasado domingo é o exemplo máis recente desta situación. Na segunda quenda da segunda xornada da Zarauzko XLII. Estropadak, a diferenza entre Ondarroa Cikautxo e Urdaibai Avia foi menor a dúas centésimas a favor dos da “Antiguako Ama”. Tamén, nas regatas dos anos anteriores se teñen dado situacións similares: na loita pola Getxoko Estropaden XXXIX. Ikurriña de 2017, Go fit Hondarribia sacou 3 centésimas de diferenza a Orio Babyauto; e no ano pasado, a "San Nicolás" cruzou a meta 18 centésimas por diante de Zierbena Bahías de Bizkaia na Orioko XXVIII. Estropadak - VI. Orio Kanpina Bandera.
 

 

Voltar