Novas 2017

COMPETICION

26 Ago 2017

Hondarribia conquista o ouro en Moaña

Hondarribia conquista o ouro en Moaña

Vitoria axustadísima para a ‘Ama Guadalupekoa’ que se achega dous puntos máis a Urdaibai Avia

A ‘Ama Guadalupekoa’ levou o ouro da regata de hoxe en Moaña, na que ademais de levar a XXXV Bandeira Concello de Moaña, tamén recuperou outros dous puntos sobre Urdaibai Avia na clasificación xeral. Pola súa parte, Ioseba Amunarriz continúa liderando a clasificación CaixaBank ao Mellor Patrón.

Hondarribia foi quen saiu vitoriosa da loita na quenda de honra, na que marcou o mellor tempo, 19’46”34. Orio Babyauto entrou inmediatamente despois da ‘Ama Guadalupekoa’, a 22 centésimas, conseguindo a segunda posición. Urdaibai Avia acadou a terceira posición con un tempo de 19’50”36, o que lle valeu para se facer coa terceira praza. Kaiku Producha pechou a quenda de honra coa cuarta praza, con un tempo de 20’09”42.

Zierbena Bahías de Bizkaia non atopou oposición na súa quenda, levando a vitoria da parte media da clasificación con un tempo de 20’18”20 e conseguindo así a quinta praza nesta tarde. San Juan Sumelec foi sexta, con 20’24”20 e Tirán Pereira conseguiu un sétimo lugar frente a súa afección parando o crono en 20’30”38. Ondarroa Cikautxo pechou a súa quenda oitava, a 14”76 dos ‘galipo’.

Cabo gañou unha primeira quenda na que San Pedro pelexou pola vitoria até o final. O tempo final para os de Boiro foi de 20’40”57, o que lle deu a novena posición, con 2”86 de vantaxe sobre a ‘Libia’, décima en Moaña. Ares rematou na décimo primeira posición con un crono de 21’00”97 e Astillero consumou hoxe matematicamente o seu descenso coa derradeira posición, a 2’03” do vencedor.

Boiro pecha a tempada regular

Mañá a caravana da Eusko Label Liga trasládase a Boiro para a desputa ás 12.00 horas da XXVII Bandeira Concello de Boiro, onde se dará por rematada a tempada regular da loita pola Coroa CaixaBank.

Voltar