Novas 2017

ESPECIAL

21 Xu˜ 2017

"Gustaríame que Urdaibai Avia mantivese un nivel alto"

"Gustaríame que Urdaibai Avia mantivese un nivel alto"

Joseba Fernandez, novo adestrador de Urdaibai Avia, está contento e con ganas de comezar o verán
 

Joseba Fernandez, adestrador de Bou Bizkaia, ponlle fin á serie de entrevistas realizadas durante a pretempada aos adestradores das distintas traiñeiras que participarán na loita pola Coroa CaixaBank. Para Fernandez, despois de cinco anos como adestrador de San Juan Sumelec, esta será a primeira tempada ao mando do equipo campión da pasada Eusko Label Liga.

Fernandez salientou que lle “gustaría que Urdaibai Avia mantivese un nivel alto durante toda a tempada”. Ademais, para o adestrador guipuscoano “o reto máis interesante que poida haber” é “voltar facer campión a quen é o campión”. En canto aos rivais que atopará este ano nunha nova edición da loita pola Coroa CaixaBank, declarou que “un rival importantísimo será Hondarribia”, porque cre que “é un equipo forte”. El está preparado para encetar a Eusko Label Liga e o grande reto de adestrar aos campións do ano pasado.

Voltar