Novas 2019

COMPETICION

20 Xul 2019

GO fit Hondarribia vence en augas de Orio

GO fit Hondarribia vence en augas de Orio GO fit Hondarribia vence en augas de Orio

A ‘Ama Guadalupekoa’ consegue a terceira vitoria da tempada na XXIX. Orioko Estropadak – VII. Orio Kanpina Bandera mentres que Orio Babyauto leva a VII. Orio Kanpina Bandera

Vitoria incontestábel para GO fit Hondarribia na XXIX. Orioko Estropadak – VII. Orio Kanpina Bandera desputada hoxe en augas de Orio. A ‘Ama Guadalupekoa’ parou o crono en 19’42”94 cunha vantaxe de 11”96 sobre a traiñeira local de Orio Babyauto. Santurtzi Iberdrola logrou hoxe a terceira posición cunha marca de 19’55”46 e Zierbena Bahías de Bizkaia clasificouse na quinta posición a 18”30 dos vencedores de hoxe.

Donostiarra liderou de inicio a fin a segunda quenda e conseguiu a cuarta praza cun tempo de 19’59”26. Urdaibai Avia foi sexta a 8”20 dos guipuscoanos. Pola súa banda, logo dunha longa loita, Cabo conseguiu a sétima praza cun crono de 20’29”44, e Kaiku foi noveno cun tempo de 20’31”04.

Ondarroa Cikautxo levou a vitoria na primeira quenda de hoxe ao marcar un tempo de 20’30”30 conseguindo a oitava praza. Logo de liderar a proba durante a primeira metade da quenda, San Pedro chegou á meta a 5”88 dos biscaínos sendo décimos no final. Lekittarra Elecnor clasificouse na décimo primeira posición cun tempo de 20’47”06 e Astillero pechou a quenda cun tempo de 21’05”12, na décimo segunda posición.

Profeta na súa terra

Orio Babyauto levou a VII. Orio Kanpina Bandera hoxe en augas de Orio, e suma daquela a sexta vitoria en sete xornadas da Liga Euskotren. O tempo das oriotarras foi de 11’04”67, con vantaxe de 4”52 sobre a Donostia Arraun Lagunak. Donostiarra clasificouse na terceira posición con 11’19”77 e Hondarribia Bertako Igogailuak pechou a regata a 22”60 das vencedoras.

Primeiro paso pola ría

Mañá a competición trasladarase a augas de Portugalete para desputar, a partir das 11:40 horas, a II Bandeira Concello de Sestao da Liga Euskotren e a XVIII Bandeira Concello de Sestao.

Voltar