Novas

COMPETICION

18 Ago 2019

GO fit Hondarribia certifica a súa superioridade

GO fit Hondarribia certifica a súa superioridade GO fit Hondarribia certifica a súa superioridade

A ‘Ama Guadalupekoa’ vence na segunda xornada da XLII Zarauzko Estropadak e leva a bandeira para a casa, igual que Orio Babyauto fixo na liga feminina

Do comezo ao fin, GO fit Hondarribia liderou esta segunda xornada da XLII Zarauzko Estropadak cunha marca de 20’30”46 e leva o ‘trapo’ para a casa cun rexistro acumulado de 40’12”78. Deste xeito, a ‘Ama Guadalupekoa’ recupera a segunda posición da Clasificación Xeral da Eusko Label Liga con 159 puntos, a 16 dos líderes Orio Babyauto. Arkaitz Diaz mantén a vantaxe de 2 puntos que traía á frente da clasificación CaixaBank do Mellor Patrón.

GO fi Hondarribia liderou a quenda de honra do comezo ao fin e cun tempo acumulado de 40’12”78 conseguiu levar para a casa a ikurriña. Orio Babyauto fíxose coa segunda posición cun tempo de 40’22”80 e Santurtzi Iberdrola clasificouse en terceira posición ao parar o crono en 40’35”50. Zierbena Bahías de Bizkaia mantivo a cuarta praza conseguida onte cun rexistro de 40’54”70.

Ondarroa Cikautxo conseguiu no sprint final a vitoria na quenda e cun crono acumulado de 41’05”65 remata na sexta posición. Urdaibai Avia foi quinto no acumulado das dúas xornadas con 40’58”39 e Donostiarra foi oitavo con 41’27”53. Kaiku rematou noveno no acumulado da Zarauzko Estropadak con 42’00”20.

Cabo non lle deu opcións aos seus rivais da quenda e levou a vitoria da quenda ao conseguiren un crono acumulado de 41’27”39 e a sétima praza final. Lekittarra Elecnor foi décima cun tempo acumulado de 42’03”60 e San Pedro obtivo a décimo primeira posición ao acumular un crono de 42’11”38. Astillero Repsol Electricidad y Gas pechou a clasificación cun tempo acumulado de 42’55”00.

Día grande para Orio Babyauto

Orio Babyauto culminou unha grandísima tempada conseguindo a Zarauzko XI. Ikurriña e o Trofeo Euskotren coa vitoria na segunda xornada cun tempo de 11’31”18. Na clasificación das dúas xornadas Orio Babyauto consegue a bandeira cun tempo acumulado de 22’23”04, conseguindo aumentar a vantaxe que tiñan sobre Donostia Arraun Lagunak até os 14”52.  Donostiarra foi terceira cun crono acumulado de 22’54”02 e Hondarribia Bertako Igogailuak pechou a regata a 48” na clasificación de ambas xornadas, certificando así a súa participación no playoff da Liga Euskotren que terá lugar o vindeiro 14 e 15 de setembro en Bermeo e Portugalete.

Rumbo a Galiza

Unha vez rematada a Liga Euskotren, as traiñeiras da Eusko Label Liga porán rumbo a Galiza para desputaren a décimo sétima e décimo oitava xornadas da tempada. O sábado ás 18:00 horas terá lugar a II Bandeira Concello de Bueu – Gran Premio Teccarsa-Rehau-Roto e o domingo ás 12:00 horas será a vez da XXIX Bandeira Concello de Boiro.

Voltar