Novas 2018

ENTREVISTAS

07 Xu˜ 2018

"Gañar canto se poida"

"Gañar canto se poida"

Desta volta entrevistamos a Juan Zunzunegui, adestrador de Zierbena Bahías de Bizkaia, que ademais de falarnos sobre a súa pretempada, comentounos detalles importantes do seu equipo

Falta moi pouco para que comece a Eusko Label Liga 2018 en augas de Bilbao e as emocións están a flor de pel. Para achegármonos aínda máis a este comezo de tempada, traémosvos unha nova entrevista realizada a Juan Zunzunegui, adestrador de Zierbena Bahías de Bizkaia.

O técnico comezou falando sobre a pretempada que están a desenvolver “estamos traballando a gusto na auga, a traiñeira está marchando ben e agora estamos preparándonos para o que vén no verán”. A isto engadiu que “a verdade é que nos descensos que levamos feito por agora tivemos moi bos resultados e os adestramentos diarios están a ser moi positivo, saímos satisfeitos da traiñeira na maioría dos adestramentos”.

Como xa sabemos, unha das peculiaridades do equipo de Juan Zunzunegui é que no seu equipo teñen o patrón máis novo da historia, ademais de ter un plantel moi novo no xeral “a verdade é que o ano pasado do patrón que era cadete aos que eran de primeiro ano, que era a súa primeira tempada en traiñeiras, deron un nivel moi bo” ao que engade que “este ano unha das cousas que pode reforzar o grupo é que é o seu segundo ano, que aínda que pareza pouco, é moito máis do que tiñamos o ano pasado”

A tempada pasada foi moi positiva para Zierbena Bahías de Bizkaia, pois conseguiron unha das prezadas bandeiras da Eusko Label Liga “a verdade é que foi a primeira bandeira de Zierbena na liga e aínda por riba co patrón  máis novo da historia. Isto é un motivo de alegría”.  Con respecto ao calendario desta nova tempada, o adestrador afirma que “é un calendario esixente, cómpre coidarse moito, hai que estar moi ben para chegar descansados ás regatas e hai que ir a pelexar”. En canto aos seus obxectivos para esta tempada o técnico teno claro “gañar canto se poida”.

Finalmente, con respecto aos seus asegura que “é un equipo comprometido que traballa ben, incluso ás veces cebámonos un chisco de máis coa entrega” ao que engade que “prefiro cabalos salvaxes que algunha vez desencarrilen que burriños que vaian por onde teñan que ir pero que non teñan o que é preciso para gañar”.

Voltar