Novas 2018

ESPECIAL

14 Xul 2018

Fin de semana de escenarios clásicos

Fin de semana de escenarios clásicos

San Sebastián e Castro Urdiales reciben esta fin de semana a máxima competición coa Bandeira Donostiarra Kaiarriba - Amenabar e a Bandeira CaixaBank

Intensa fin de semana a que lle vén á Eusko Label Liga e á Liga Euskotren. A elite do remo encóntrase mañá ás 18.00 horas en augas de Donostia coa Bandeira Donostiarra Kaiarriba – Amenabar e o domingo ás 11.45 horas coa Bandeira CaixaBank. No primeiro de ambos os dous encontros, malia ser a primeira vez en que a Donostiarra organiza a súa xornada na Eusko Label Liga, non é un campo descoñecido para as embarcacións da máxima competición. Ao longo destes anos a Bandeira Eusko Label e, no ano pasado, a Bandeira Giroa Veolia na que se impuxo a ‘San Nikolas’ de Orio Babyauto, foron parte do calendario da batalla pola Coroa CaixaBank.

Deste xeito, as balizas interiores estarán situadas a carón do peirao donostiarra, tendo que cubrir as embarcacións da Eusko Label Liga unha distancia de tres millas náuticas repartidas en catro longos e tres ceavogas. A orde de saída será inversa á clasificación xeral, polo que na primeira quenda estarán Tirán PereiraKaiku ProduchaSan Juan Sumelec e San Pedro. Para a segunda quenda, estarán Ondarroa CikautxoDonostiarraCabo e Orio Babyauto. E na quenda de honra, a vez será para Santurtzi IberdrolaZierbena Bahías de BizkaiaGO fit Hondarribia e Urdaibai Avia. A Liga Euskotren, que será a quenda coa que se abrirá a xornada, cubrirá dous longos nos que estarán GU Arraun, Hondarribia Bertako Igogailuak, Orio Babyauto e San Juan Iberdrola.

Cómpre lembrar que a Fan Zone da Eusko Label Liga estará situada no Paseo Novo e é onde, ao remate da regata, os Castellers de Vilafranca ofrecerán o espectáculo de ergueren unha torre humana de nove andares.

De cara domingo, Castro Urdiales voltará por décimo terceira vez recibir unha regata da máxima competición da man da Bandeira CaixaBank. E malia este ano non haber ningunha traiñeira cántabra, a ACT quere seguir a levar todo o seu espectáculo ás augas cántabras. Así, o campo de regatas estará situado no clásico lugar de Brazomar onde a partir das 11.45 horas encetará a Liga Euskotren e inmediatamente despois será a vez da Eusko Label Liga, cuxa orde de saída irá definida en base á clasificación do sábado.

Daquela, a clasificación da Eusko Label Liga chegará comandada por Urdaibai Avia, que logrou abrir fenda na fin de semana naCoruña, e escapar a seis puntos de GO fit Hondarribia e a nove de Zierbena Bahías de Bizkaia. Mentres que o maillote branco CaixaBank levarao Ander Etxegoien de San Pedro, que acumula nove puntos, cinco máis que Ioseba Amunarriz de GO fit Hondarribia. E por último, na Liga EuskotrenSan Juan Iberdrola segue imbatíbel e cunha vantaxe de cuatro puntos sobre Orio Babyauto. O qué pasará esta fin de semana? 

Voltar