Novas 2018

ESPECIAL

20 Xul 2018

Fin de semana de aguas guipuscoanas

Fin de semana de aguas guipuscoanas

Pasaia e Orio acollerán esta fin de semana dúas novas xornadas da Eusko Label Liga e a Liga Euskotren 

Bonita fin de semana a que chega para a Eusko Label Liga e a Liga Euskotren, en dúas xornadas singulares. Trátase da II Bandeira Adegi e da Gipuzkoako Foru Aldundiko II Bandera, que se porán en xogo mañá en augas de Pasaia a partir das 18:00 horas, e da Orioko XXVIII. Estropadak – VI. Orio Kanpina Bandera, que se celebrará domingo a partir das 11:45 en augas de Orio.

Polo tanto, mañá a ACT desembarca en Pasaia para desputar a II Bandeira Adegi na modalidade masculina e a Gipuzkoako Foru Aldundiko II Bandera na modalidade feminina. Será unha xornada con moitas manobras, unha xornada de carrusel na que o espectador vai desfrutar do traballo das embarcacións, xa que o campo de regatas sitúase enteiro dentro do Porto de Pasaia, polo que as limitadas dimensións obrigan as embarcacións a vogaren nun formato de seis longos e cinco ceavogas na Eusko Label Liga e tres longos e dúas ceavogas na Liga Euskotren para cubriren a distancia regulamentaria en ambas modalidades. As balizas de meta estarán situadas á altura de San Pedro e as de contra-meta á altura de San Juan. A orde de saída será inversa á clasificación xeral, polo que na primeira quenda estarán Tirán Pereira,  San Juan SumelecKaiku Producha e San Pedro. Para a segunda quenda, estarán Ondarroa CikautxoDonostiarraCabo e Santurtzi Iberdrola. Mentres que na quenda de honra, será a vez de Orio BabyautoZierbena Bahías de BizkaiaGO fit Hondarribia e Urdaibai Avia. A Liga Euskotren abrirá a xornada cunha regata na que remarán GU Arraun, Hondarribia Bertako Igogailuak, Orio Babyauto e San Juan Iberdrola. Como dato a salientar, das sete edicións que se levan desputado da regata neste campo, GO fit Hondarribia levou a bandeira en cinco ocasións. Os da 'Ama Guadalupekoa' tamén ostentan o récord do campo de regatas en 2016 con un rexistro de 19'28"04. Nesta encontro, a Fan Zone estará situada en San Pedro. 

De cara domingo, Orio estreará un novo campo de regatas para acoller a XXVIII. Orioko Estropadak – VI. Orio Kanpina Bandera a partir das 11:45. E é que do ano 2012 en diante a regata víñase desputando no río en formato de contra o reloxo, pero este ano as embarcacións voltarán saír ao mar para formar en liña e remar no novo campo de regatas que está enfiado en dirección noroeste. Neste caso, a orde de saída virá determinada pola clasificación da regata do día anterior en Pasaia. A última vez que se desputou no mar foi no 2013, e daquela GO fit Hondarribia logrou imporse, mentres Castro conseguiu no 2005 o mellor rexistro con 19'30"04. 

Visto o bo ambiente creado na localidade nas pasadas edicións da bandeira, a ACT quere que siga a ser así, polo que a Fan Zone de Eusko Label estará situada na Herriko Plaza para que os que decidan ficar na vila poidan gozar dos mellores productos co mellor ambiente vendo a regata na pantalla xigante. Do mesmo xeito, os que quixeren achegarse ver a regata de perto tamén terán a carón stands para poderen gozar da xornada da mellor maneira.

Daquela, a clasificación da Eusko Label Liga chegará comandada por Urdaibai Avia, que se amosa infranqueábel e xa conta con oito puntos de vantaxe con respecto a GO fit Hondarribia e 14 respecto a Zierbena Bahías de Bizkaia. Mentres que o mallote branco CaixaBank levarao Ander Etxegoien de San Pedro, que acumula 12 puntos. E por último, na Liga EuskotrenSan Juan Iberdrola segue imbatíbel con una vantaxe de 6 puntos sobre Orio Babyauto. O que pasará esta fin de semana? 

Voltar