Novas 2020

ESPECIAL

18 Feb 2020

Experiencia para Arraun Lagunak

Experiencia para Arraun Lagunak

Juan Mari Etxabe incorporase ao staff técnico do club donostiarra para aportar todo o seu saber facer no mundo do remo

Este promete ser un verán moi emocionante no que respecta á Euskotren Liga, con Orio a defender por primeira vez o seu reinado na competición feminina e as outras tres embarcacións ao axexo para poderen mellorar os resultados pasados e talvez asaltaren o trono das ‘aguiluchas’.

Un dos clubs que está a pensar nese salto cara adiante é Arraun Lagunak, que quere mellorar ese segundo posto logrado na pasada tempada na Clasificación Xeral da Euskotren Liga e na bandeira gañada en augas de Lekeitio. Para isto, incorporaron no seu staff técnico a unha persoa que conta con tres trofeos Euskotren no seu haber.

Juan Mari Etxabe, de 54 anos e adestrador das ‘bateleras’ nos tres primeiros campionatos do club sanjuandarra, formará parte este ano de Arraun Lagunak para axudar as donostiarras no seu obxectivo de achegárense ao Trofeo Euskotren.

Voltar