Novas

ESPECIAL

27 Mai 2019

Escolle o 'Remo da afección' e asiste á Gala!

Escolle o 'Remo da afección' e asiste á Gala!

A pouco menos dun mes para que comece a Eusko Label Liga - Coroa CaixaBank e a Liga Euskotren 2019, as tripulacións prepáranse para daren a súa mellor versión na auga logo de meses de traballo e sacrificio ás súas costas. Antes de que encete a competición, o vindeiro 8 de xuño, a partir das 19.30h terá lugar na Kursaal de Donostia a Gala de presentación da vindeira Eusko Label Liga - Coroa CaixaBank e Liga Euskotren 2019, unha festa que serve de bandeirazo de saída á competición estrela do verán. Nesta Gala e como vén sendo habitual, entregaranse os premios aos méritos conseguidos na tempada 2018.

Este ano como novidade, a afección será a encargada de escoller un deses premios: o Remo da afección 2018. Un premio, que sairá das redes sociais da ACT - Asociación de Traiñeiras e que recoñecerá a aquela persoa, asociación, regata, que se escolla nas redes oficiais da competición. A partir da postaxe publicada o luns 26 de maio, os seguidores poderán comentar quen merece ter un recoñecemento especial polo seu labor no 2018. O comentario máis popular ou o que máis seguemento consiga, será o escollido, e o responsábel de dita publicación gañará unha entrada dobre para asistir en directo á Gala de presentación da Eusko Label Liga - Coroa CaixaBank e da Liga Euskotren 2019.

Condicións de participación

- Serán válidos todos os comentarios que se publiquen do 26 de maio ao 2 de xuño ás 00.00h.

- Entre todos os participantes seleccionarase un, o máis orixinal, que máis seguidores teña ou máis recoñecemento por parte da participación en xeral obteña.

- En caso de non poder asistir á Gala, asignaráselle a outro participante.

- Os comentarios poden recoñecer persoas, organizacións, asociacións, clubs, regatas... que teñan tido algún tipo de ligazón coa ACT na pasada tempada 2018.

 

Voltar