Novas

ESPECIAL

31 Out 2019

Endika Morán ponlle ritmo ao mes de outubro

Endika Morán ponlle ritmo ao mes de outubro

O remeiro de Zierbena Bahías de Bizkaia é o encargado de elaborar a listaxe deste mes

Endika Morán, remeiro de Zierbena Bahías de Bizkaia traenos a playlist perfecta para lle pór ritmo a este mes de postempada. Unha recompilación que xunta na mesma listaxe xéneros como o pop, o rock, ou o techno.

Dentro desta selección tamén atopamos unha ampla representación de grupos do País Vasco, como son “Pao Pao Pao” de Vendetta, “Zer izan” de Huntza e “Quién manda aquí” de Esne Beltza.

Por outra banda tamén temos varias cancións de artistas recoñecidos internacionalmente con éxitos como “Pompeii” de Bastille, “Soldi” de Mahmoud ou “Heroes” de Mans Zelmerlöw.

Mete play e goza da selección musical de Endika Morán!

Voltar