Novas 2018

ESPECIAL

17 Abr 2018

En abril, músicas mil da man de Efren Sanchez

En abril, músicas mil da man de Efren Sanchez

Efren Sanchez, remeiro de Santurtzi Iberdrola, propón unha playlist onde todo ten cabida para alegrar este chuvioso mes de abril

Adoita dicirse que “en abril augas mil” e así está a ser, pero Efren Sanchez, remeiro de Santurtzi trae unha playlist que nos fará esquecer o mal tempo e nos transportará directamente para os meses de verán.

Nesta proposta de Efren poderemos escoitar os ritmos latinos máis escoitados do verán por parte dos artistas máis top do momento como son Ricky MartínMaluma ou Juan Magan. Mais non é apenas festa, na listaxe tamén hai espazo para cancións máis tranquilas como “Glorious” de Macklemore canda Skylar Grey.

A playlist non remata aí, tamén atoparemos rock do bo da man de míticos grupos como AC/DC ou Iron Mayden. O pop/rock nacional tamén ten espazo nesta proposta do remeiro de Santurtzi e Fito y Fitipaldis e Mago de Öz son os seus representantes.

En definitiva, é unha playlist que de seguro nos alegrará este chuvioso mes e faranos sentir que os meses de verán están moito máis perto.

Segue a nosa conta de Spotify e móvete ao ritmo das playlist dos remeiros!

Voltar