Novas 2019

COMPETICION

07 Xul 2019

Dupla para Orio Babyauto

Dupla para Orio Babyauto

Vitoria para Go fit Hondarribia na segunda xornada de hoxe, pero é a “San Nikolas” quen leva a III Bandeira Cidade da Coruña. Mentres que as moças de Orio Babyauto se fai coa II Bandeira Cidade de Coruña na Liga Euskotren 

Unha Bandeira Cidade da Coruña que tivo como denominador común o vento, que foi o protagonista da fin de semana pondo a proba a pericia das 16 embarcacións. Até a derradeira pada non se decidiu quen levaría a III Bandeira Cidade da Coruña. Go fit Hondarribia dominou dende o comezo a quenda de honra e gañou a regata de hoxe cun tempo de 20’33”86 avantaxando a Orio Babyauto, cuarto clasificado, en 8”. Porén, os “aguiluchos” levaron a III Bandeira Cidade da Coruña grazas á vantaxe que lles sacaron á “Ama Guadalupekoa” na regata de ontem (11”). A “San Nikolas” acabou na cuarta posición, mentres que Santurtzi Iberdrola foi quinto a 12”. Urdaibai Avia pechou a quenda cedendo 13” respecto á “Ama Guadalupekoa”. 

Na segunda quenda, Donostiarra tivo unha loita intensa cos “galipos”. No fin, a Torrekua levou a quenda ao pararen o cronómetro en 20’37”86, com 3” de vantaxe sobre Zierbena Bahías de Bizkaia. Así mesmo, os de Igor Makazaga acabaron na segunda posición na regata de hoxe. Ondarroa Cikautxo, pola súa banda, tivo que se conformar coa oitava posición logo de cederen 31 segundos respecto aos de “Ama Guadalupekoa”, mentres Cabo rematou na décimo primeira posición a 43”

A primeira quenda estivo dominada por Kaiku que conseguiu o sétimo posto final con 20’59”96. Lekittarra Elecnor e Astillero Repsol Electricidad y Gas tiveron unha loita intensa até a derradeira pada. No fin, lekittarra rematou na segunda posición cunha vantaxe de 32 centésimas sobre Astillero Repsol Electricidad y Gas. San Pedro, na súa vez, pechou a quenda cedendo 20” segundos respecto á “Bizkaitarra”. 

Orio Babyauto voa

As oriotarras amosaron a súa superioridade dende o comezo e chegaron á ceavoga con 10 segundos de vantaxe com respecto á Donostiarra. No segundo longo ampliaron aínda máis a vantaxe coas súas competidoras e foron primeiras na meta, facéndose coa II Bandeira Cidade da Coruña. Arraun Lagunak rematou a regata segunda a 19” a respecto das oriotarras. Donostiarra levou a terceira praza a 26”, mentres que a cuarta praza foi para Hondarribia Bertako Igogailuak, a 27” da cabeza de regata. 

Tras da regata de hoxe, Orio Babyauto continúa líder da clasificación xeral da Eusko Label Liga con 67 puntos superando en 6 puntos a Go fit Hondarribia. Santurtzi Iberdrola, pola súa banda, ocupa a terceira praza a 10 puntos con respecto aos “aguiluchos”. Mentres, na clasificación xeral da Liga Euskotren, Orio Babyauto segue líder e aumenta a vantaxe en 2 punto sobre Donostia Arraun Lagunak. 

Na loita polo maillote CaixaBank ao mellor patrón, os tres puntos de hoxe foron para Juan Mari Lujambio da “Sotera”. Arkaitz Diaz de Donostiarra, pola súa banda, segue líder 3 puntos por riba de Iñaki Goikoetxea de Lekittarra Elecnor. En canto á clasificación da Mellor Patroa, Nadeth Agirre de Orio Babyauto segue na primeira posición. 

Así, a Eusko Label Liga e a Liga Euskotren encontraranse o vindeiro fin de semana en dous escenarios clásicos: San Sebastián e Castro Urdiales, onde se porán en xogo o sábado e o domingo respectivamente a XII Bandeira Donostiarra Kaiarriba – Amenabar e a VII Bandeira CaixaBank.

Voltar