Novas

COMPETICION

28 Xul 2019

Donostiarra estréase na elite

Donostiarra estréase na elite                  Donostiarra estréase na elite

A ‘Torrekua II’ consegue na Getxoko Estropaden XLI. Ikurriña – J.A. Agirre Lehendakariaren XV. Omenaldia a súa primeira vitoria na Eusko Label Liga mentres que Orio Babyauto consegue a súa novena bandeira na Liga Euskotren

Grande vitoria de Donostiarra dende a segunda quenda de hoxe en Getxo cun tempo de 19’55”78, conseguindo a súa primeira vitoria na máxima categoría do remo. No que se refire á Clasificación Xeral, Orio Babyauto mantén unha semana máis o liderado con 133 puntos, seguidos por Santurtzi Iberdrola con 117. Ademais de ondearen a bandeira de hoxe, Arkaitz Diaz, patrón da Donostiarra subiu ao barco das autoridades para se enfundar o maillote CaixaBank que o acredita como Mellor Patrón da competición.

A segunda quenda estivo comandada de principio a fin polos vencedores da regata. Donostiarra rachou o crono cun tempo de 19’55”78 que a validou para superar ás embarcacións da quenda de honra. Urdaibai Avia fíxose coa cuarta posición cun crono de 20’06”66. Cabo conseguiu a sétima posición a 24”24 dos vencedores e Ondarroa Cikautxo rematou na novena posición cun tempo de 20’25”66.

Orio Babyauto, a partir da terceira ceavoga, emprendeu unha loita contra o crono para mellorar o tempo da Donostiarra. Finalmente os de Jon Salsamendi foron segundos cun tempo de 19’57”62. Pola súa banda, Santurtzi Iberdrola foi cuarto cun tempo de 20’05”95. GO fit Hondarribia pechou a quenda conseguindo a quinta posición a 15’74 dos vencedores da regata.

Kaiku lidera con autoridade a primeira quenda da xornada logrando un crono de 20’14”98 e fica na sexta posición.  Astillero Repsol Electricidad y Gas logrou a décima posición cun tempo de 20’28”62. A décimo primeira posición foi para San Pedro parando o crono en 20’34”92 e Lekittarra Elecnor pechou a regata clasificándose en décimo segunda posición a 57”30 dos vencedores da regata.

Orio Babyauto suma e segue

Novena vitoria da tempada para Orio Babyauto que leva a Getxoko XI. Ikurriña. O tempo da ‘Txiki’ foi de 10’47”, seguido por Donostia Arraun Lagunak a 8”04. O terceiro posto foi para Donostiarra cun crono de 10’59”28 e en cuarto lugar clasificouse Hondarribia Bertako Igogailuak a 32”48 das vencedoras. Deste xeito, Orio Babyauto aumenta nun punto máis a vantaxe na Clasificación Xeral, onde xa conta con 39 puntos. Nadeth Agirre mantén outra semana máis o maillote da Mellor Patroa da competición con 22 puntos, seguido por Andrea Astudillo con 15 puntos.

Paro polo Campionato de España

Tanto a Eusko Label Liga como a Liga Euskotren fan um descanso para a desputa do Campionato de España de Traiñeiras e voltar con máis forzas que nunca para o tramo final da tempada. A competición regresará o vindeiro 10 e 11 de agosto coa desputa da XXXV. Ondarroako Bandera - Cikautxo Sari Nagusia e a         

Hondarribiko XXXII. Bandera - Mapfre Sari Nagusia da Eusko Label Liga e a II Ondarroako Bandera - Cikautxo Sari Nagusia e a II Mapfre Bandeira da Liga Euskotren.

Voltar