ACT TV

ENTREVISTAS

11 Ago 2019

Dobre vitoria amarela en Hondarribia

Dobre vitoria amarela en Hondarribia Dobre vitoria amarela en Hondarribia

Orio Babyauto leva hoxe en aguas do Bidasoa a Hondarribiko XXXII. Bandera – Mapfre Sari Nagusia e a II. Bandeira Mapfre

Orio Babyauto demostra a súa forza hoxe en augas guipuscoanas ao levaren con autoridade a Hondarribiko XXXII. Bandera – Mapfre Sari Nagusia cun crono de 20’12”36, 4” por diante de Urdaibai Avia. A ‘San Nikolas’ segue a liderar a loita pola Coroa CaixaBank con 154 puntos. No que respecta á Clasificación do Mellor Patrón CaixaBank Arkaitz Diaz mantén a primeira posición con 2 puntos de vantaxe sobre Borja Gómez.

Orio Babyauto realizou unha grande quenda de honra conseguindo a vitoria cun crono de 20’12”36. Santurtzi Iberdrola foi terceiro cun tempo de 20’19”70 e GO fit Hondarribia foi quinto con 20’23”58 logo de recibiren unha sanción de 3” por dobre bandeira azul. Zierbena Bahías de Bizkaia obtivo finalmente a sétima praza a 31”50 da ‘San Nikolas’.

Urdaibai Avia venceu na segunda quenda cun crono de 20’16”36, conseguindo a segunda praza. Donostiarra foi cuarto a 6”42 dos ‘txo’. Ondarroa Cikautxo foi sexto cunha marca de 20’40”38 e Cabo pechou a quenda sendo oitavo a 38”18 dos vencedores.

Lekittarra Elecnor levou a vitoria na primeira quenda de hoxe cun tempo de 20’52”60, conseguindo a novena praza de hoxe. Kaiku logrou a décima praza cun tempo de 20’53”70. San Pedro e Astillero Repsol Electricidad y Gas pecharon a regata de hoxe na décima primeira e décimo segunda posición a 50’94” e 59”74 dos vencedores da xornada.

O Trofeo Euskotren xa é de Orio Babyauto

Orio Babayauto logrou esta mañá en Hondarribia a II. Bandeira Mapfre e tamén asegurárense matematicamente o Trofeo Euskotren que recibirán na semana que vén en Zarautz. A ‘Txiki’ venceu hoxe cun tempo de 10’57”88, e unha vantaxe de 15”60 sobre Donostia Arraun Lagunak. Donostiarra foi terceira cunha marca de 11’16”32 e a traiñeira local, Hondarribia Bertako Igogailuak, pechou a quenda a 48”42 das vencedoras. Deste xeito Orio Babyauto asegura o liderado da Liga Euskotren a falta de dúas xornadas con 43 puntos, e Donostia Arraun Lagunak é segunda con 34 puntos. Nadeth Agirre segue líder na clasificación á Mellor Patroa con 23 puntos, seguida por Andrea Astudillo con 18 puntos.

Chega a dobre xornada de Zarautz

O vindeiro fin de semana os equipos da Eusko Label Liga e da Liga Euskotren encontraranse en augas de Zarautz para desputaren a dobre xornada da XLII Zarauzko Bandera masculina e a Zarauzko XI. Ikurrina feminina, que porá punto e final á Liga Euskotren desta tempada.

Voltar