Novas

ESPECIAL

12 Set 2019

Desenlace baixo da ponte colgante

Desenlace baixo da ponte colgante

Portugalete acollerá no domingo a XLIX GP - XLV Bandeira El Corte Inglés e a segunda xornada do playoff de ascenso á Eusko Label Liga e á Liga Euskotren
 

O domingo 15 de setembro, remata outra tempada de remo coa desputa da XLIX GP - XLV Bandeira El Corte Inglés e da segunda xornada do playoff de ascenso á Eusko Label Liga e á Liga Euskotren que se celebrará en Portugalete.

As tres tripulacións que optan a un posto da elite feminina abrirán a xornada a partir das 11:40. Hondarribia Bertako Igogailuak, Hibaika Jamones Ancín e Zumaia Salegi Jatetxea vogarán en formato de contra o reloxo con dous longos e 1 ceavoga, en orde inversa á clasificación da regata do día anterior en Bermeo. Logo desta regata coñecerase a vencedora do playoff e, daquela, a cuarta participante da Liga Euskotren 2020.

A segunda regata por desputar será o playoff da Eusko Label Liga. Tamén en formato de contra o reloxo, San Pedro, Zarautz Babyauto, CR Ares, Deusto Bilbao e SD Tirán partirán en orde inversa á clasificación do día anterior en Bermeo para realizaren 4 longos e 3 ceavogas cun total de 3 millas. Logo desta regata coñeceremos as dúas embarcacións que completarán a Eusko Label Liga do vindeiro ano.

A seguir, desputarase a XLIX GP - XLV Bandeira El Corte Inglés, correspondente á vixésima e derradeira xornada da Eusko Label Liga. En formato de liña participarán na primeira quenda Cabo, Ondarroa Cikautxo, Donostiarra e Urdaibai Avia. E na de honra farano Zierbena Bahías de Bizkaia, Santurtzi Iberdrola, GO fit Hondarribia e Orio Babyauto. Logo destas dúas regatas procederase a coroar coa Coroa CaixaBank o campión da Eusko Label Liga 2019.

Na presentación desta mañá estiveron presentes Mikel Torres, alcalde de Portugalete; Karlos Belasko, presidente do Club de Remo de Portugalete; Carmelo Lezama director de comunicación en Euskadi de El Corte Inglés e Borja Rodrigo, Presidente da ACT.
 

Voltar