ACT TV 2019

ESPECIAL

14 Ago 2019

Desconectar na montaña

Desconectar na montaña

Nesta nova entrega de Eusko Label Liga por Dentro, Lur Uribarren e Nerea Pérez cóntannos a súa estreita relación co monte e a escalada

A tempada avanza imparábel cara a que será a súa oitava fin de semana de competición e os nosos deportistas comezan a sentir o paso das xornadas nos seus corpos e nas súas mentes. Con semanas de competición nas que remeiros e remeiras adestran case a diario, cada quen procura o seu xeito de desconectar durante un instante da traiñeira e pensar noutra cousa que non sexan padas, vatios e ondas.

Nesta nova entrega de Eusko Label Liga por Dentro traémovos a historia de Lur Uribarren e Nerea Pérez, que atoparon na montaña e a escalada un xeito de despexaren a mente e gozar do seu tempo libre. O patrón da ‘Bou Bizkaia’ leva anos a escalar, practicamente dende que era un neno e pasaban as horas en Ogoño, monte da súa localidade natal, Elantxobe. No caso de Nerea, patroa de Hondarribia Bertako Igogailuak, a atracción pola montaña chegoulle hai pouco tempo, e atopa no patrón de Urdaibai Avia un perfecto compañeiro para compartiren estes momentos na natureza.

Voltar