Novas

ESPECIAL

27 Nov 2019

Caras coñecidas para Santurtzi

Caras coñecidas para Santurtzi

A ‘Sotera’ fixo oficiais as incorporacións para a tempada 2020 da Eusko Label Liga

Así que remata a tempada da Eusko Label Liga, os clubs da máxima categoría do remo xa están a ollar cara a seguinte tempada da loita pola Coroa CaixaBank. Este é o caso tamén de Santurtzi Iberdrola, que durante estes últimos días deu a coñecer as incorporacións que terá o plantel biscaíno para acometer o asalto do liderado na Eusko Label Liga para a vindeira tempada.

A través das súas contas nas redes sociais Santurtzi Iberdrola foi anunciando os nomes dos remeiros que vestirán de morado na vindeira tempada. Iker Zabala continuará ao mando do equipo e ás súas filas uniranse remeiros de renome como Miguel Ángel Ruiz (Astillero), Asier Zurinaga, Adrián González (Hondarribia), Diego Hermo (Perillo), Oscar Viudez ‘Chila’ (Urdaibai) e Iker Pascual (Zierbena).

Julio Artetxe, presidente do club biscaíno, amósase satisfeito coas incorporacións no seu plantel: “Tratamos de afianzar o conseguido nesta pasada tempada e dar máis un paso. Tentamos cubrir as baixar que tivemos do mellor xeito posíbel.”

A ‘Sotera’ fai este mes 52 anos, e quen sabe se será este o ano no que consiga coroarse na Eusko Label Liga. Este equipo tivo un ascenso meteórico desde que conseguiu o ascenso á ACT na tempada 2017, polo que se segue co ritmo de crecemento actual, este ano deberían loitar de novo cos galos da competición.

Voltar