Novas

ASOCIACION

06 Xu˜ 2019

CaixaBank navega con rumbo fixo canda a ACT

CaixaBank navega con rumbo fixo canda a ACT

A entidade financeira renova o seu acordo coa ACT e suma xa o seu sétimo ano consecutivo como un dos piares da Asociación

A dupla CaixaBank e ACT fará esta tempada o seu sétimo aniversario. Dende o ano 2013, a entidade financeira acompaña á máxima categoría do remo nunha viaxe que a leva a ser parte fundamental cada verán dun dos grandes espectáculos deportivos na cornixa cantábrica e atlántica.

Como vén sendo habitual, CaixaBank seguirá a dar nome ao máximo galardón da Eusko Label Liga, a Corona CaixaBank. O ano pasado Urdaibai Avia proclamouse campión da competición masculina, e de repetiren a vitoria este verán, a "Bou Bizkaia" obtería o ansiado trofeo en propiedade por segunda vez.

Ademais, CaixaBank tamén premiará o mellor patrón co xa característico maillote branco. Unha prenda que descansa na popa de San Pedro, concretamente en Ander Etxegoien. A estrela de CaixaBank, cómpre sinalar, será sinónimo de liderado un ano máis na Liga Euskotren, sendo a pel da líder da competición feminina.

E por suposto, este ano voltará porse en xogo a Bandeira Caixabank, sendo a sétima edición, e que este verán tamén volta desembarcar en augas cántabras. Concretamente, o vindeiro 14 de xullo, Castro Urdiales recibirá á máxima competición de traiñeiras por segundo ano consecutivo onde os 12 equipos da Eusko Label Liga e os catro da Liga Euskotren loitarán por esta bandeira que conquistaron na tempada pasada a Urdaibai Avia e San Juan Iberdrola.

Satisfacción por ambas partes

Juan Pedro Badiola, Director Territorial de CaixaBank no País Vasco e Cantabria, e Borja Rodrigo, Presidente da ACT, foron os encargados de asinaren este novo acordo polo que a entidade financeira seguirá a ser patrocinador principal da Asociación. Borja Rodrigo sinalou que a renovación deste acordo reforza a posición da ACT e permite "seguir a darmos pasos adiante na boa dirección". Pola súa banda, Juan Pedro Badiola afirmou que a unión entre ambas entidades “vai moito para alén dun simple patrocinio, o remo deu unha virada total nos últimos anos e queremos seguir a navegar a carón dese espíritu de evolución que inunda á ACT”. Á súa vez, engadiu que prevé unha tempada moi igualada, xa que “os clubs cada vez miman máis cada detalle e isto fará que o pelotón de aspirantes a estaren arriba se amplíe e a batalla pola Coroa CaixaBank estea máis apretada que nunca”.

Voltar