ACT TV 2018

ESPECIAL

23 Ago 2018

Boiro recibe a Eusko Label Liga

Boiro recibe a Eusko Label Liga

As augas de Cabo rematarán coa fase regular da tempada

A Eusko Label Liga chega este domingo a augas de Cabo coa XVIII. Bandeira Concello de Boiro onde participarán, por última vez neste curso, os 12 clubs que compoñen a Liga da elite do remo. 

A partir das 12:00 horas sairán as embarcacións, divididas en 3 quendas en base á clasificación xeral da Eusko Label Liga, tal e como indica o artigo 11 da Normativa de Competición, en formato de liña para realizaren a distancia de 3 millas en 4 longos con 3 ceavogas. As augas de Cabo decidirán que embarcación deixará de facer parte da elite do remo a vindeira tempada e quen terá que participar no Play Off de setembro, canda os clubs convidados, para tentar ser parte un ano máis da Eusko Label Liga. Do mesmo xeito, os clubs que rematen no noveno e décimo lugar da clasificación darán por acabada a súa tempada na Liga. 

A bandeira da edición do ano pasado foi para Urdaibai Avia quen tamén ostenta dende entón o récord do campo de regatas cun tempo de 19'03"96. A embarcación de Bermeo impúxose en 3 ocasións en Boiro, as mesmas que GO fit Hondarribia. Ambos os dous clubs son quen máis veces levaron a bandeira na máxima competición. 

Na presentación que tivo lugar esta mañá no Concello de Boiro estiveron presentes Juan José Dieste, Alcalde do Concello de Boiro, o presidente do Club de Remo de Cabo, Daniel Vázquez, o concelleiro de deportes Manuel Romero e o vicepresidente do Club de Remo, Mario Vidal.

Consulta o dossier da regata

Voltar